Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 1 - 10 de 632 resultados.

Juan Luís Beceiro pronunciou na Casa de Galicia en Madrid a conferencia "A lenda negra do xenocidio americano"

1. De esquerda a dereita, o historiador e escritor Juan Luís Beceiro e o coordinador de Actividades Ramón Jiménez.

A Casa de Galicia, Delegación da Xunta en Madrid acolleu esta tarde a conferencia "A lenda negra do xenocidio americano" que ofreceu o historiador e escritor ferrolán Juan Luís Beceiro García, autor de numerosas obras, especialmente sobre a colonización hispanoamericana, nas que do mesmo xeito que no relatorio de hoxe mantén a tese de que "a conquista do continente americano por parte da Coroa Española non supuxo ningún xenocidio, xa que foi un labor civilizador e non colonizador".

Presentado na Casa de Galicia o libro "Restaurante Verruga: historias y recetas", que rememora o vivido no local lucense

José María Carrascal, Miluca Real, Ana Rodríguez e Luis Latorre, antes da presentación.

Hai pouco máis dun ano, tras case 65 anos de servizo, que o Restaurante Verruga de Lugo pechou as súas portas por xubilación dos seus propietarios e hoxe presentouse na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o libro "Restaurante Verruga: historias y recetas" que rememora o vivido no popular local lucense, polo que pasaron presidentes de goberno, como Adolfo Suárez, e artistas de renome, como o actor Charlton Heston. Unha obra de recordos que contén o receitario do Verruga e foi escrita por Miluca Real Vázquez e Luis Latorre Real, que tamén a editou, e prologada polo xornalista José María Carrascal. Unha parte dos beneficios que xeren as súas vendas destinaranse á Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS).

Presentado na Casa de Galicia en Madrid o libro "Claves Líricas" de Valle-Inclán, edición facsímile do orixinal de 1930

1. De esquerda a dereita, Luís Perezagua, Vicente Araguas coa edición de 1930 e a actual, Ramón Jiménez, Silvio Martínez e Basilio R. Cañada.

A Casa de Galicia, sede da Delegación da Xunta en Madrid acolleu esta tarde a presentación do libro Claves Líricas de Valle-Inclán, unha edición facsímile da realizada polo propio autor en 1930 dos tres únicos libros de poemas que xa publicara, aínda que revisados e coidadosamente seleccionados e editados. Sial-Pigmalión publica agora aquela obra, 77 anos despois de ser confeccionada polo propio Valle-Inclán, autor de "Luces de Bohemia", pai do esperpento, e o dramaturgo galego máis internacional.

O guitarrista Samuel Diz ofreceu na Casa de Galicia un concerto homenaxe a Germán Lago, fundador da Orquesta Ibérica de Madrid

Samuel Diz interpretando unha das obras.

O guitarrista internacional, director artístico e investigador Samuel Diz, natural de Tui (Pontevedra), ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o recital de guitarra "Homenaxe a Germán Lago, fundador e director da Orquesta Ibérica de Madrid, nos 50 anos do seu falecemento". Con el, Diz quixo achegar ao público madrileño a figura deste músico vigués, a través de explicacións e coa interpretación actualizada das partituras que protagonizaron os programas e gravacións da Orquesta Ibérica de Madrid.

Feijóo refírese a Caneiro como exemplo da literatura galega sin murallas, que brota dun pobo tolerante e amigo da palabra

1. Na imaxe o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo departe co autor Xosé Carlos Caneiro (centro ) y o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega (esquerda).

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse esta tarde ao escritor Xosé Carlos Caneiro como un exemplo da literatura galega sen murallas, que brota dun pobo tolerante e amigo da palabra.

Fagama celebra na Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria correspondente ao ano 2017

Pousado de membros da Asemblea Xeral de Fagama. Na mesa, Nuria Fernández, Manuel Romay, Ovidio Cadenas e Fernando Gómez.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia foi novamente o escenario da Asemblea Xeral anual da Federación de Asociaciones Gallegas en Madrid (Fagama), que preside Ovidio Cadenas, neste caso a correspondente a 2017.

Hércules de Ediciones presenta na Casa de Galicia en Madrid a obra "Galegos Universais. A influencia de Galicia no mundo"

Esteban Meruéndano, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, e Rodríguez Iglesias pousan ante un panel con imaxes do libro.

Hércules de Ediciones presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a obra "Gallegos universales. La influencia de Galicia en el mundo"/"Galegos universais. Influencia de Galicia no mundo", editada en castelán e galego, unha publicación que ten como obxectivo demostrar a decisiva vinculación que con Galicia tiveron episodios e personaxes da Historia Universal. Este primeiro volume, que inicia unha colección, foi coordinado por Afonso Eiré e inclúe as biografías de Prisciliano, Gelmírez, Cristóbal Colón, Simón Bolivar e Fidel Castro analizadas por varios autores desde unha innovadora perspectiva. A idea de partida é que "a influencia de Galicia no mundo foi e segue sendo moi superior ao que tradicionalmente fíxollenos crer".

X. Rivada presenta na Casa de Galicia a exposición "Ideas fuxidas", de escultopinturas e esculturas relacionadas co mar

Rivada, Jiménez e Neto, na presentación da exposición, coa escultura Cigarrón en primeiro termo.

X. Rivada, pintor lucense, de San Cosmede, criado en Verín, presenta na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a exposición "Ideas fuxidas", de escultopinturas e esculturas, afastadas dos grandes volumes aos que afai, de tamaño mediano/pequeno, en diversos materiais e de temática relacionada co mar. Está aberta ao público ata o próximo 31 de marzo.

A Casa de Galicia en Madrid acolle durante dúas semanas as sesións de formación de "Más Social Conecta" da Fundación Barrié

1. De esquerda a dereita, a vicepta. da Fundación Barrié, Pilar Romero Vázquez-Gulías , o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega e a directora de Acción Social da fundación Pilar Pérez.

A vicepresidenta da fundación Barrié, Pilar Romero Vázquez-Gulías xunto coa directora de Acción Social, Isabel Pérez, foron recibidas esta mañá polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega. A visita produciuse no marco das sesións formativas "Más Social Conecta" que acolle a Casa durante dúas semanas (de martes a xoves) e que están dirixidas ás entidades nacionais do terceiro sector beneficiarias de Más Social Conecta, unha iniciativa que está dentro do Programa Más Social da Fundación Barrié, que posibilita o desenvolvemento da web corporativa a entidades de acción social.

O pintor de ascendencia ourensá Jaime Galdeano expón na Casa de Galicia en Madrid a mostra "Meigas boas"

Ysmér, Galeano e Jiménez.

Jaime Galdeano, pintor de ascendencia ourensá, expón este mes de marzo na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a mostra "Meigas Boas" que axunta obras pictóricas de mediano e gran tamaño realizadas con variadas técnicas -acuarela, óleo, acrílico e mixtas- e linguaxes cromáticas e teñen como temática común a mulleres fortes e independentes que o artista identifica coas "meigas boas". A exposición, inaugurada esta tarde, permanecerá aberta ao público ata o 31 de marzo nas salas A e L da Casa.

Mostrando o intervalo 1 - 10 de 632 resultados.