Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Asomega renova seis cargos da súa Xunta Directiva, que segue presidindo Julio Ancochea, e concede a súa Insignia de Ouro 2018 ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices

Na Asemblea anual ordinaria que celebrou na Delegación da Xunta-Casa de Galicia
Madrid, 8 de maio de 2018.

A Asemblea Anual Ordinaria que a Asociación de Médicos Galegos (Asomega), radicada en Madrid, celebrou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia renovou seis cargos da súa Xunta Directiva, que segue presidindo o doutor Julio Ancochea, e, entre outras cousas, acordou conceder a Insignia de Ouro 2018 da entidade ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices.

Asomega renovou a súa Xunta Directiva coa incorporación na vicepresidencia do doutor José María Eiros Bouza, catedrático de Microbiología da Universidade de Valladolid e xefe do Servizo de Microbiología e Parasitología do Hospital Universitario Río Hortega de Valladolid; a entrada na tesourería de Ricardo Lavandeira, licenciado en Medicia e Cirurxía, experto en coaching e intelixencia emocional e actualmente director de Licitacións Médica de Linde Médica; e a incorporación como vogais da doutora Ana Fernández Teijeiro, actual presidenta da Sociedade Española de Hematología e Oncoloxía Pediátrica, Esther Barreiro, neumóloga do Hospital do Mar e coordinadora do Grupo de Investigación en Desgaste Muscular e Caquexia en Enfermidades Crónicas Respiratorias e Cancro de Pulmón, María Rodríguez Vázquez, xerente de Relacións Institucionais na área de Onco- hematología de Abbvie, e José Ramón Mel, actual vicepresidente comercial de GSK en España. Á fronte da Asociación continuará Julio Ancochea como presidente, xunto con Aniceto Luís Charro, como presidente de honra, Inmaculada Ramos e Melchor Álvarez de Mon, en calidade de vicepresidentes, e Adolfo de la Fuente, que continuará cos seus labores dentro da organización como secretario.

A celebración da Asemblea representou unha posta ao día de temas de interese para a entidade como a valoración do ciclo de conferencias "Medicina e Humanidades", que Asomega vén convocando desde finais de 2016, a posta en común de próximas convocatorias como o Premio Novoa Santos 2018 e a concesión da Insignia de Ouro 2018. Segundo os participantes, un dos momentos máis satisfactorios da sesión foi a concesión, por voto dos presentes, da Insignia de Ouro 2018 ao doutor e presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, polo seu apoio e contribución a Asomega e o seu compromiso con Galicia e a súa cultura.

O acto de entrega desta condecoración terá lugar a finais deste ano. Para o presidente de Asomega, "é fundamental a implicación e o compromiso dos socios para crecer e conseguir un antes e un despois na traxectoria da Asociación". "Esta Asemblea anual ordinaria é unha posta en común e de consenso de temas tan relevantes como Asomega Internacional e a súa rede de Aulas Asomega polo Mundo", o rumbo do I Encontro de Médicos Galegos que Asomega celebrará en 2019 e a abordaxe de galardóns de recoñecido prestixio como a convocatoria do Premio Novoa Santos 2018 e a concesión da Insignia de Ouro 2018".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes