Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Asomega establece na Delegación da Xunta as bases para a organización do I Encontro de Médicos Galegos, que en 2019 reunirá en Santiago a profesionais procedentes de todo o mundo

Nunha reunión da súa Xunta Directiva celebrada a última hora de onte
Madrid, 6 de abril de 2018.

A Asociación de Médicos Galegos en Madrid (Asomega), que preside o doutor Julio Ancochea, estableceu na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia as bases para a organización do I Encontro de Médicos Galegos, que a Asociación celebrará en 2019 en Santiago de Compostela, con profesionais procedentes de todo o mundo. Fíxoo nunha reunión da súa Xunta Directiva celebrada a última hora de onte.

O I Encontro de Médicos Galegos constitúe "unha gran aposta da Asociación, que quere converter Galicia no punto de encontro que permita aos médicos galegos procedentes de todo o mundo reafirmar o seu vínculo coa profesión, a vocación, os valores e as súas raíces". Para iso, a entidade procedeu á constitución oficial do Comité Internacional de Asomega, presidido por Enrique Iglesias, con membros tan relevantes como Miguel Cabanela ou Bartolomé Burguera, e un Comité Organizador, coordinado por Ana Pérez Domínguez.

Na súa reunión, a Xunta Directiva de Asomega tamén acordou convocar a súa próxima Asemblea Ordinaria para o 3 de maio e celebrar a Comida de Verán 2018, que este ano se realizará coincidindo co seu 25 aniversario, en Santiago de Compostela, ademais de facer balance da situación xeral da entidade e as súas actividades máis inmediatas, como a continuidade do seu ciclo de conferencias "Medicina e Humanidades".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes