Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Delegación da Xunta/Casa de Galicia en Madrid celebra o Día de Galicia recoñecendo a labor de nove personalidades

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou nestes actos conmemorativos. Entregáronse distincións a destacadas personalidades dos ámbitos cultural, económico e social, pola súa traxectoria profesional e vinculación a Galicia
Madrid, 13 de xullo de 2017.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu esta tarde a celebración dos actos do "Día de Galicia", en Madrid, onde destacou o papel de divulgación do patrimonio galego que vén facendo este centro ano tras ano. O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, fixo un repaso polos actos e actividades que se celebraron durante este ano.

Ao acto levado a cabo na Casa de Galicia tamén asistiron a presidenta do Congreso, Ana Pastor; o director da Real Academia Española, Darío Villanueva; e o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaria.

Na súa intervención, o vicepresidente da Xunta felicitou ao director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, pola gran labor que están facendo na capital de España como centro que aúna todo tipo de actividades.

Ademais, eloxiou especialmente a iniciativa de realizar un recoñecemento público a destacadas personalidades relacionadas cos ámbitos cultural, económico e social, e cunha traxectoria profesional e persoal vinculada á nosa comunidade. Nese sentido, destacou o papel de todos aqueles que apostan por sumar nas súas comunidades, desde o respecto e a colaboración, unha actitude que define aos emigrantes galegos, que sempre apostaron pola integración nos seus países e comunidades de acollida sen deixar de recordar e defender as súas orixes.

Pola súa banda, o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, fixo un repaso polos actos e actividades que se celebraron durante este semestre, entre os que destacou os máis de 200 actos culturais, que engloban o 68 por cento da actividade do Centro, onde destacan varias presentacións de libros, exposicións de pintura, conferencias de destacados intelectuais escritores, presentación de documentais e concertos. Ademais, o centro tamén acolle diferentes reunións e asembleas de asociacións galegas con sede en Madrid a nivel empresarial, profesional e económico.

Listado completo de distincións:

  • Irene Garrido Valenzuela. Secretaria de Estado de Economía e Apoio á Empresa.
  • Juan José Laborda Martín. Ex Presidente do Senado.
  • Roberta Lajous Vargas. Embaixadora de México en España.
  • Lucía Méndez Prada. Periodista.
  • Lara Méndez López. Alcaldesa de Lugo.
  • Jaime Eduardo de Olano Vela. Deputado por Lugo.
  • José Luís Rodríguez García. Presidente e Director Xeral Nova Economía Fórum.
  • Mª José Sánchez-Andrade Fernández. Avogada do Estado. Secretaria Xeral do Tribunal Económico Administrativo Central.
  • Antonio Vázquez Guillén. Avogado. Ex Deputado.

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes