Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O pintor canadense afincado en Pontevedra Howard Ross presenta a súa obra na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia

Na exposición "Nova terra, nova inspiración", que poderá verse ata o próximo día 30
Madrid, 4 de decembro de 2017.

O pintor canadense afincado en Pontevedra Howard Ross presenta a súa obra na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia na exposición titulada "Nova terra, nova inspiración", que poderá verse ata o día 30 deste mes. Na inauguración da mostra, que tivo lugar esta tarde, presentou ao artista e a súa obra o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen o fixo en representación do delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López.

Jiménez referiuse a Ross como "un artista de traxectoria firme que se foi consolidando desde fai xa corenta anos" e lembrou que con esta mostra complétase o calendario de exposicións da Delegación da Xunta en Madrid deste ano 2017. "Son unhas obras as súas que sobordan simbolismo e nas que as cores adquiren un protagonismo especial, pois coa súa sabia composición a base de mesturas, degradacións cromáticas e superposiciones son capaces de tocarnos a alma, de provocarnos fortes emocións", sinalou, observando así mesmo que "ademais destas nubes de cores ás que tan afeccionado é o noso artista invitado, as composicións que Howard elabora inclúen figuras, coma se non puidese ser a súa pintura só abstracta senón que necesitase ser ao mesmo tempo figurativa, como un tributo ao clasicismo aprendido nos seus anos de estudo na Escola de Arte e Deseño de Toronto".

Ross reside en Pontevedra, de onde é natural a súa muller, desde fai oito anos, nos que a súa pintura evolucionou con cambios suaves, segundo el mesmo explicou. Valora especialmente as cores e os seus cadros fóronse facendo cada vez máis abstractos, algúns rescatados doutras épocas e actualizados, superpoñendo e rascando capas de pintura e introducindo neles figuras humanas en movemento, en solitario ou acompañadas por un can, como a de "O Peregrino". Tamén por figuras que substitúen as cabeza humana pola dalgún animal e ondean bandeiras, no que o artista explica que é unha denuncia do nacionalismo, que rexeita.

O escultor e mestre canteiro Armando Martínez di no prólogo do catálogo da exposición que na pintura de Ross hai unha procura de si mesmo, unha obsesión pola cor que lle fai viaxar entre os clásicos e a pintura actual e que as súas figuras "xorden da bruma como un renacer a unha nova vida".

Howard Ross naceu en Toronto (Canadá), en 1957, de pais artistas multidisciplinares. Se diplomó en Historia -a súa paixón xunto coa Pintura- na Universidade de Carleton (Ottawa) e en Belas Artes na Universidade de Arte e Deseño de Toronto. Desde 1985 dedícase profesionalmente á pintura e exhibiu o seu traballo tanto en exposicións individuais como colectivas. As súas obras están en coleccións particulares en Estados Unidos, Chile, Francia, Italia, Alemaña, Xapón, Portugal, España, Nova Zelandia, Australia e Canadá.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes