Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Aegama, S4 Consultoría Legal e Viñal & Co. Abogados organizaron na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a xornada "A responsabilidade legal da miña empresa, como evitala?"

Na que se abordaron os novos riscos legais e responsabilidades penais aos que se enfrontan as empresas tras as últimas reformas lexislativas
Madrid, 18 de maio de 2017.

A Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (Aegama) e S4 Consultoría Legal, en colaboración con Viñal & Co. Abogados, organizaron hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a xornada "A responsabilidade legal da miña empresa, como evitala?", orientada a economistas, avogados e empresarios, na que se abordaron os novos riscos legais e responsabilidades penais aos que se enfrontan as empresas tras as últimas reformas lexislativas.

Interviñeron nela José Cerdeira, representante de Aegama, que se fixo cargo da presentación inicial e da moderación da quenda de preguntas que tivo lugar ao final, Diego Viñal, avogado e socio de Viñal & Co. Abogados, que ofreceu o relatorio "Prevención de riscos penais das persoas xurídicas. Marco normativo e xurisprudencia", María Jamardo, técnico especialista en Corporate Compliance de S4, co relatorio "Pechando o ciclo de cumprimento: aplicación empresarial e certificación de Compliance Penal", e Alfredo Blanco, director xeral de S4, que pechou a xornada e deu paso ao tempo de "networking", contactos de negocio, co que finalizou o acto.

María Jamardo, especialista en Responsabilidade Social Corporativa e técnico de Corporate Compliance, abordou as vantaxes que proporciona -no ámbito das organizacións- a implantación dun Programa de Cumprimento Normativo (Corporate Compliance Program) e de como unha correcta e eficaz xestión do mesmo pode actuar como eximente, ou na súa falta atenuante, no suposto caso de chegar a materializarse a comisión dalgún delito dos tipificados no catálogo pechado previsto polo lexislador no seo da actividade empresarial. Achegou, ademais, unha visión 360º da xestión de riscos, o cumprimento empresarial e a actualidade máis recente en materia de certificación.

Viñal analizou o novo escenario legal ao que se enfrontan as empresas en materia de cumprimento normativo tras a incorporación no noso ordenamento da responsabilidade penal das persoas xurídicas. Con arranxo ás modificacións que se produciron no Código Penal e en virtude das sentenzas máis recentes do Tribunal Supremo, sinalou que é necesario revisar as directrices e requisitos doctrinales e jurisprudenciales relativos aos posibles delitos que, cometidos tanto por administradores e directivos como por traballadores e/ou dependentes, en nome e beneficio directo ou indirecto das organizacións, poden ser susceptibles de derivar responsabilidade penal para as empresas. Tamén se referiu ás medidas de prevención establecidas para evitar as consecuencias negativas vinculadas aos mesmos.

 Para máis información: compliance@s4net.com.

 

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes