Medios
- Tante, Sánchez, Jiménez, Gallardo e Pérez Poza. (3456x4800px., 708 Kb.)
- Un momento da presentación do libro. (3456x5184px., 700 Kb.)
- Os intervinientes, na mesa. (3388x4706px., 639 Kb.)
- Almudena García leu pasaxes do libro na presentación. (3268x4539px., 589 Kb.)
- Luis Miguel Sánchez cun exemplar do seu libro. (3456x2489px., 443 Kb.)
- Sánchez asinando exemplares do seu libro. (3456x4800px., 754 Kb.)
Presentan na Casa de Galicia en Madrid o libro "Pasiones, miserias y otras nostalgias", de Luis Miguel Sánchez
A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do libro de relatos "Pasiones, miserias y otras nostalgias", de Luis Miguel Sánchez, editado por El Taller del Poeta. No acto interviñeron, ademais do autor, as escritoras Nieves Gallardo Cañaveras e Beatriz Tante, o editor e poeta Fernando Luis Pérez Poza, Almudena García, que leu algúns dos relatos, e o coordinador de actividades da Casa, Ramón Jiménez, en representación do delegado da Xunta, José Ramón Ónega.
Jiménez confesou non ter podido ler a obra coa calma necesaria pero dixo ter lido "coa atención que merece" o relato titulado "El pacto", que é o primeiro da sección "Pasiones" e manifestou que "me pareceu dunha forza e un sentimento admirables, ademais dos cales está moi ben escrito".
Neves Gallardo valorou que nos seus relatos "Luis Miguel nos fai pasar do amor máis puro e apaixonado ao desamor máis traizoeiro; do amor pola vida ao abandono desta á súa mala sorte; da necesidade de ser humano por vivir e non simplemente por sobrevivir". "Gran poeta, plasma as súas poesías baixo disfrace de relato, chegando con elas a un maior público", apreciou do autor.
Beatriz Tante falou sobre o xénero e o estilo xeral da obra, "relato con tinguiduras poéticas"; a estrutura global do libro, nas tres partes nas que se divide –“Pasiones”, “Miserias” e “Otras nostalgias”- e os puntos fortes do autor, que cifrou en: manexo da técnica, diversidade de recursos, implicación de si mesmo e a diversidade de emocións nos seus textos.
Pérez Poza referiuse na súa intervención á editorial galega El Taller del Poeta, radicada en Pontevedra, con máis de 450 libros publicados de autores de todo o mundo e máis de 12 anos publicando libros, así como ás dificultades que representa na actualidade ser editor, cun sector editorial en constante cambio e coa introdución das novas tecnoloxías.
Pola súa banda, o autor, Luis Miguel Sánchez, agradeceu a colaboración na presentación da Casa de Galicia en Madrid, a editorial e a asociación literaria Pluma e Papel, á que pertence, e respondeu ás preguntas dos asistentes.
Departamento: Prensa