"Entrañable, emocionante, auténtico..." palabras na Casa de Galicia esta noite tras o pase privado da curtametraxe "Vida" e o documental "Máis ca vida" de Rubén Riós

O actor e produtor galego, que conta co apoio da ONCE, estreará oficialmente en Madrid ambos os audiovisuais nun par de meses
Madrid, 24 de abril de 2018

Máis de medio centenar de persoas entre membros do Club de Xornalistas Galegos en Madrid e invitados persoais do actor e director galego Rubén Riós tiveron a oportunidade de asistir hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia ao pase privado da curtametraxe "Vida" e o documental "Máis ca vida", protagonizados por persoas con discapacidade e actores como Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Luís Iglesia, Mariana Carballal... entre outros. "Entrañable, emocionante, auténtico, marabilloso..." fueron algunas de las palabras que surgieron después del visionado.

No acto interviñeron o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega; a presidenta do Clube de Xornalistas Galegos en Madrid, Pilar Falcón; e o actor e director dos audiovisuais, Rubén Riós, que iniciou estes proxectos pensando en dedicarlles uns meses e converteunos en traballos de longo percorrido, agora grazas ao apoio da ONCE e ao entusiasmo que espertou o utilizar o cinema como medio de normalización coas persoas con discapacidade. Tras as palabras de benvida, José Ramón Ónega, agradeceu a Rubén e a Pilar que elixisen a Casa para este pase "tan exclusivo que é unha verdadeira primicia para nós. É unha honra e un privilexio que seguro que imos gozar moito", dixo e engadiu que "Rubén Riós é, ademais de bo actor e produtor unha gran persoa. Sempre comprometido con todas as causas nas que pode axudar, algo que todos valoramos e lle agradecemos". Tamén comentou algúns aspectos da súa traxectoria e explicou que aínda que o seu verdadeiro nome é Rubén Rodríguez, firma sempre como Rubén Riós como homenaxe ao pequeno pobo no que naceu, o súa terriña, situada preto de Verín, en Ourense, onde como el di, "xa quedan máis castiñeiros que persoas". En Galicia é moi coñecido polo seu traballo en series como "Libro de familia" líder de audiencia durante máis de 10 anos en prime time de TVG, Matalobos ou Urxencias; e en películas como Vilamor e Pradolongo. "Rubén é incombustible e compaxina á perfección a súa faceta de actor, produtor e director". Tamén destacou unha das súas cualidades que o caracterizan, a solidariedade, pois desde as súas primeiras aparicións en televisión aproveitou o seu impacto nos medios para axudar ás persoas máis necesitadas difundindo as súas historias e participando activamente en galas e eventos benéficos. Descubriu o mundo da discapacidade nunha desas colaboracións. O que aparentemente parecía unha discapacidade, converteuna en oportunidade para plasmar as múltiples capacidades que a discapacidade pode ofrecer ao mundo da cultura e decidiu aproveitar os seus 12 anos de experiencia para crear "Vida", e " Máis ca vida", proxectos que teñen "moita vida por diante".

Tras a proxección, escoitáronse palabras como emoción, sinceridade, autenticidade, marabilloso… e estableceuse un animado coloquio. Rubén sinalou non ser a mesma persoa antes que despois da rodaxe, "nin mellor nin peor pero está claro que son distinto. Eu aprendín moito máis do que ensinei". O proxecto ten previsto seguir moito tempo, "porque aínda queda moito por facer e a aposta da ONCE é unha garantía".

"Podemos ser diferentes e distintos pero todos sentimos igual", dixo Pilar Falcón a modo de resumo.

Máis información en:

https://youtu.be/LgoJapU_4FI

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes