A multinacional viguesa Equantia reuniuse na Casa de Galicia en Madrid para expansión internacional

Madrid, 5 de outubro de 2017.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a reunión de directivos da empresa multinacional galega, EQUANTIA, cuxa sede central atópase en Vigo e de Rede Impulsa, de Barcelona, co obxectivo de ampliar a expansión dos servizos financeiros e de consultoría ao mercado británico. O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega  recibiu aos profesionais e deulles a benvida á Casa, que "como saben vostedes, entre os seus obxectivos está o de apoiar, na medida das nosas posibilidades, ás empresas galegas nas súas iniciativas. Como sempre digo, aquí teñen vostedes a súa Casa". Pola súa banda, o director xeral de Equantia, Manuel Cortizo agradeceu a "sempre estupenda acollida que nos dispensan, e esta colaboración en Madrid porque nos facilita moito o noso traballo. Os empresarios galegos temos aquí, mesmo nas etapas máis difíciles, todas as facilidades en Madrid, e é algo que valoramos profundamente, desde hai anos", comentou.

"EQUANTIA, GLOBAL BUSINESS é unha Organización de consultoría fundada en 2003 e orientada a facilitar a internacionalización dos diferentes sectores empresariais e as súas empresas, así como o desenvolvemento socioeconómico das mesmas, tanto na o ámbito nacional como das euro rexións. Para iso conta cun equipo humano altamente cualificado e cuxo traballo se fundamenta na Confianza, a Responsabilidade, a Sinceridade e o Traballo en equipo, como mellor resposta á mesma Confianza dos clientes", tal e como eles definen.

Na imaxe adxunta 1, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega (no centro), cos dirixentes da empresa viguesa EQUANTIA Manuel Cortizo (primeiro pola dereita) e Hermes Balwin (primeiro pola esquerda) e a barcelonesa Rede Impulsa, Javier Dopazo (segundo pola dereita) e David Torres (segundo pola esquerda).

Máis información sobre Equantia: http://www.equantia.com/

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes