Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Fundación Barrié celebra na Delegación da Xunta de Madrid/Casa de Galicia un taller sobre o dano cerebral

Enmarcado no seu Programa Más Social, de fortalecemento do Terceiro Sector
Madrid, 14 de decembro de 2017.

A Fundación Barrié celebra hoxe e mañá na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia  un taller de traballo no que representantes do movemento asociativo vinculado ao dano cerebral adquirido agrupados ao redor da Federación Española de Daño Cerebral ( FEDACE) traballan, grazas ao acompañamento de SocialCo, na obtención dun prediagnóstico de marca e na comunicación interna.

Como é habitual nos talleres xa celebrados nas nosas instalacións, o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, dirixiuse aos participantes no taller para darlles a benvida e desexarlles un proveitoso tempo de traballo.

O taller é unha das actividades que se integran na consultoría promovida pola Fundación Barrié no marco do seu Programa Más Social, que procura o fortalecemento do Terceiro Sector de Acción Social (integrado por organizacións sen ánimo de lucro que prestan servizos sociais en colaboración coa Administración pública, principalmente ás persoas en situación de pobreza ou risco de exclusión). A súa coordinación estivo a cargo da directora de Acción Social da Fundación Barrié, María Isabel Pérez Martínez.

Más Social é un programa dirixido a entidades sociais do Terceiro Sector que inclúe diferentes apoios e servizos, entre eles un programa formativo, o desenvolvemento e implementación de páxinas web corporativas a partir do prototipo Más Social Conecta e servizos de consultoría.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes