Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 1 - 10 de 762 resultados.

O Concello lucense do Vicedo presentou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a celebración da "Romaxe Viquinga 2018"

José Antonio Quelle (Casa da Cultura do Vicedo), o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o alcade do Vicedo, José Jesús Novo, o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, a cantante Andrea Pousa, o senador José Manuel Barreiro e o actor Bruxo Queiman.

O Concello lucense do Vicedo presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a celebración da "Romaxe Viquinga 2018", que terá lugar os días 27 e 28 de xullo e que xurdiu tras o descubrimento dun posible asentamento viquingo no municipio. Na presentación interviñeron o alcalde-presidente do municipio, José Jesús Novo Martínez, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro Orol, o dúo artístico Queiman e Pousa, en representación da parte artística do evento, o senador José Manuel Barreiro e o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.

Aegama celebra na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria

Na mesa presidencial da Asemblea, Javier Saguar, vicesecretario, Julio Lage, presidente, Jesús Marón, vicetesorero, e Isabel Noriega, vogal responsable de Comunicación e Redes Sociais.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid ( Aegama) celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria, conforme ao establecido nos seus Estatutos. Previamente, a súa Xunta Directiva, encabezada polo presidente, Julio Lage, tivo un encontro preparatorio da Asemblea.

 

"Percepcións", de Manuel Carballeira, na Casa de Galicia no mes de xullo

1. Manuel Carballeira ante a súa obra A IDADE DÁ INOCENCIA.

"PERCEPCIÓNS" é o título da mostra de pintura do artista lucense fincado en Valdoviño, Manuel Carballeira, inaugurada esta tarde, na que ofrece a evolución das súas creacións, o perfeccionamento da súa técnica e a gran calidade das súas obras que son homenaxe a Galicia, pintando as súas paisaxes, mares e xentes. No acto, que estivo presidido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, interviñeron: Pedro Taboada Martínez, creador e editor de www.pintoresgallegos.com, e autor do prólogo do catálogo elaborado para a ocasión e o propio artista, Manuel Carballeira.

FAGAMA celebra o Día das Letras na Casa de Galicia cunha conferencia e un concerto

1. De esquerda a dereita Ovidio Cadenas presidente de FAGAMA, José Ramón Ónega delegado da Xunta en Madrid, a escritora Ánxela Gracián e Fernando Gómez secretario de FAGAMA.

Preto dun centenar de persoas socios e amigos dos diferentes centros e asociacións que integran FAGAMA (Federación de Asociacións Galegas en Madrid) déronse cita esta mañá na Delegación da Xunta en Madrid para celebrar o Día dás Letras, coa conferencia "Vida e obra de M.ª Victoria Moreno" que pronunciou a escritora e crítica Literaria, Ánxela Gracián e o concerto a cargo do grupo coruñés "Os do fondo da barra".

A escritora coruñesa Begoña Peñamaría presenta na Delegación da Xunta en Madrid a súa última novela, "Las horas no contadas"

O editor Basilio Cañada, o escritor e crítico literario Vicente Araguas, a escritora e deseñadora Begoña Peñamaría, o expresidente do Consello de Estado José Manuel Romay e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, pousan antes do acto.

A escritora e deseñadora de moda coruñesa Begoña Peñamaría Marcos presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a súa última novela, "Las horas no contadas", editada por Pigmalión e galardoada co Premio Internacional de Literatura Joven "Lord Byron" 2018, que concede a editorial. Na presentación participaron, xunto coa autora, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, o profesor, crítico de arte e escritor Vicente Araguas, que tamén foi membro do xurado que outorgou o premio á novela, o editor, Basilio Cañada, e o expresidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, que pechou o acto.

A Xunta de Galicia en Madrid acolle unha xornada de traballo organizada pola USC e na que participan investigadores de varias universidades europeas en torno ao proxecto H2020

1. O vicerreitor Gumersindo Feijoo (diante, segundo pola esquerda) e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega na imaxe co equipo de investigadores que se reuniron na Casa de Galicia.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe unha intensa xornada de traballo na que participaron investigadores de universidades de diferentes países, convocados pola USC, que coordina a elaboración dunha proposta de proxecto europeo no programa H2020 entre cuxos obxectivos está o lograr unhas cidades "máis amigables" desde o punto de vista ambiental e social.

"La vida de otro" de Reigosa, agora en Castelán, presentada hoxe na Casa de Galicia en Madrid

1. De esquerda a dereita, Carlos Reigosa, Alfonso Palomares, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, Ángel Basanta e Jesús Espino, todos coa novela presentada.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación da novela "La vida de otro", do escritor e xornalista da Pastoriza, Carlos G. Reigosa, editada agora en castelán por Akal, e que fose Premio Torrente Ballester 2008 (Xerais, 2009). "Tentei acertar e afondar nas claves íntimas da vida que vivimos e que non sempre é a nosa", dixo Reigosa, para aclarar o título. O libro sigue querendo ser, "un espello ao longo da Transición Española no que cada un pode descubrir o seu rostro".

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro Sueño de Infancia de Moncho Rouco publicado agora en castelán por Turpin Editores

1. De Esquerda a dereita, o autor Moncho Rouco, o coordinador de actos da Casa de Galicia Ramón Jiménez, o Dr. en Historia Ricardo Santos e o editor José Manuel Martín.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro "Sueño de infancia", de Moncho Rouco publicada agora en castelán por Turpin editores e que o pasado ano fixérao Xerais en galego. A novela, a medio camiño entre o recordo pausado dos libros de memorias e o vibrante ritmo dos relatos de aventuras naceu para contar aos fillos do autor como eran as andanzas dun neno que viviu na Galicia dos anos sesenta e setenta, nun tempo no que se anunciaba a entrada nunha era de cambios tecnolóxicos, sociais e políticos, cando o rural xa ía cedendo paso ao progresivo e rápido acomodo da vida urbana.

Presentación da festa "Arde Lucus MMXVIII" que se celebrará en Lugo este fin de semana

1. Carmen Basadre e José Ramón Ónega ante o cartel anunciador do Arde Lucus deste ano.

"Quen acuda a Lugo estes días en ALSA, ou en ARRIVA, poderán facelo cun desconto do 25% e do 10% respectivamente", dixo a concelleira de Cultura, Turismo, Mocidade e Promoción da Lingua, Carmen Basadre na rolda de prensa/presentación de "ARDE LUCUS, MMXVIII", festa declarada o pasado ano de Interese Turístico Nacional e que se celebrará na cidade lucense o próximo fin de semana, os días, 15, 16 e 17 de xuño, cunha ampla programación que inclúe máis de 350 actividades das cales o 90% son novidades.

Aegama e Cátedra China celebran na Delegación da Xunta/Casa de Galicia a mesa redonda "China, desenvolvemento e oportunidade: visión das posibilidades e retos do xigante chino"

Víctor Cortizo, Isabel Noriega eJulio Lage.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid ( Aegama) e a Asociación Cátedra China celebraron hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a mesa redonda "China, desenvolvemento e oportunidade: visión das posibilidades e retos do xigante chinés", co obxecto de presentar a empresarios españois e en particular galegos as posibilidades de investimento, colaboración e acordos que este xigante asiático ofrece a España e Galicia. Interviñeron no acto o vicepresidente de Cátedra Chinesa, Víctor Cortizo, a directiva de Aegama Isabel Noriega e o presidente de Aegama, Julio Lage.

Mostrando o intervalo 1 - 10 de 762 resultados.