Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 91 - 100 de 758 resultados.

O músico ourensán Emilio Rúa presentou na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o seu sétimo disco cun recital

Emilo Rúa interpretou varios temas acompañándose da guitarra.

O músico ourensán Emilio Rúa protagonizou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o recital de guitarra, voz e piano "Cantares", presentación do seu sétimo disco, que leva o mesmo título. Tanto o recital como o disco teñen como referencia a poesía galega, tanto de autores do Rexudimento como Rosalía, C. Enríquez, E. Pondal, Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro e Castelao como actuais como Xosé Carlos Caneiro e Manuel Rivas. Poemas emblemáticos dentro da cultura galega como "Negra sombra", "Lela", "Unha noite na era do trigo" e "María Soliña" están incluídos no disco.

Fernando Molpeceres: "A gaita podería ser o instrumento que representase a Europa"

1. O relator Fernando Molpeceres orgulloso coa súa gaita, xunto co coordinador da Casa Ramón Jiménez e o presidente da Asociación Ángel Hernando.

"A gaita podería ser, sen dúbida, o instrumento que representase a Europa porque está presente, practicamente, en case todos os paises", dixo Fernando Molpecers na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia na conferencia "Historia da gaita e gaitas do mundo", segundo relatorio realizado en colaboración coa Asociación de Música e Investigación Albedro e a súa Banda de Gaitas Lume de Biqueira, na que ofreceu un resumido paseo pola historia e evolución do emblemático instrumento en diferentes partes de mundo.

Fagama celebra na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia en Madrid/Casa de Galicia as "Letras Galegas 2017"

O secretario de Fagama, Fernando Gómez, o músico Emilio Rúa, o escritor Xosé Carlos Caneiro, o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, e o presidente de Fagama, Ovidio Cadenas.

A Federación de Asociacións Galegas en Madrid (Fagama) celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia as Letras Galegas 2017 cun recital de poesía, "Cantata e fuga para Carlos Casares", a cargo do escritor Xosé Carlos Caneiro, que ofreceu algúns poemas seus dedicados a Carlos Casares -figura que protagoniza este ano as Letras Galegas- e poemas do propio Casares, con acompañamento musical do guitarrista Emilio Rúa, que tamén cantou algúns dos textos.

O Medio Ambiente mundial volveu a ser protagonista na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a través da mesa redonda "A crise medioambiental no horizonte 2020"

O enxeñeiro Rafael Sánchez, o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, o enxeñeiro José Cerdeira e o arquitecto Casimiro Masaguer.

O Medio Ambiente mundial volveu a ser obxecto de debate hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a través da mesa redonda "A crise medioambiental no horizonte 2020", na que participaron o enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e experto en eficiencia enerxética José Cerdeira Taboada, o vicepresidente da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) e arquitecto técnico Casimiro Masaguer Rodríguez, o enxeñeiro técnico industrial e en eficiencia enerxética Rafael Sánchez Rivera e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López.

A Delegación da Xunta en Madrid acolleu esta mañá a reunión arrinque da segunda edición do proxecto Novedar_Consolider da Escola de Enxeñería da Universidade de Santiago

1. O delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega coa Dra. en Enxeñería Química, Sonia Suárez e o catedrático e coordinador do proxecto Juan M. Lema, ambos da USC.

"Seguimos traballando e investigando, e hoxe iniciamos a segunda edición do proxecto", dixo o catedrático de Enxeñería Química da Universidade de Santiago e coordinador do a RedNovedar, Juan M. Lema e engadiu que "o obxectivo final segue sendo desenvolver e implementar tecnoloxías innovadoras para o tratamento e recuperación de recursos de augas residuais e lodos". Para a Dra. en Enxeñería Química e xestora de RedNovedar, a tamén galega Sonia Suárez, é unha investigación continua, que se iniciou fai cinco anos, e entre os seus logros está o que xa haxa unha decena de patentes en explotación por empresas de España, Europa e EE.UU. que as están aplicando, con excelentes resultados".

O catedrático da USC José Carlos Bermejo Barrera presentou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu último libro, "Rectores y privilegiados. Crónica de una universidad"

O escritor Pedro Piedra, o editor Jesús Espino, a profesora da USC Mar Llinares, o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, o autor do libro, José Carlos Bermejo, e o director de El Correo Gallego, José Manuel Rey Nóvoa.

O catedrático de Historia Antiga da Universidade de Santiago de Compostela (USC) José Carlos Bermejo Barrera presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o seu último libro, "Rectores y privilegiados. Crónica de una universidad", unha obra publicada por Ediciones Akal na que se analiza, desde unha perspectiva crítica, a evolución da Universidade de Santiago de Compostela na última década, a través de pequenos ensaios estruturados previamente publicados en prensa, fundamentalmente no diario El Correo Gallego.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia dedica un relatorio á figura do conde de Gondomar no IV Centenario do seu nobramiento

1. O conferenciante Fernando Bartolomé co coordinador da Casa de Galicia, Ramón Jiménez.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a conferencia "O Conde de Gondomar no seu IV Centenario", con motivo do cuarto centenario do nomeamento de Diego Sarmiento como primeiro Conde de Gondomar por Felipe III, e o 450 aniversario do seu nacemento, que pronunciou o catedrático de Lingua e Literatura Española Fernando Bartolomé Benito.

A xornalista lucense Aida Soilán presenta na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa primeira novela, "Orillas de Ébano. El swing del destino"

A xornalista e escritora Aida Soilán, o coordinador de Actividades Culturais da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, a escritora e xornalista Nieves Herrero e o profesor David Álvarez.

A xornalista lucense Aida Soilán Enríquez presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa primeira novela, "Orillas de Ébano. El swing del destino", publicada por Editorial La Plana e prologada pola editora Carmen Sánchez Egea, na que a recentemente estreada escritora narra a historia dunha xornalista de Nova Orleans que se enfronta "á peor das historias, a súa propia". "Tenta con todas as súas forzas conectar coa súa pel de ébano".

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia ofrece ata o 30 de xuño a exposición de pintura "Mirando o Mar" de Teresa Irisarri

1. A artista Teresa Irisarri ante o seu cadro Merlín e familia.

A sala B da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolle ata o día 30 de xuño a exposición de pintura "Mirando ao mar" de Teresa Irisarri, na que a artista viguesa ofrece unha mostra composta por cadros de amplo formato e vivas cores, que son como fiestras polas que se pode ver un mundo máxico, cheo de seres imaxinarios inspirados en mitos primitivos e antigos contos infantís.

A exposición de pintura "Só son humano, despois de todo", de Marinela Fontoira estará na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia ata o 30 de xuño

1. Marinela Fontoira ante unha das súas obras que funde unha paisaxe abstracta cunha figura realista.

A artista plástica pontevedresa afincada en Madrid Marinela Fontoira ofrece a súa exposición de pintura "Só son humano, despois de todo" na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia ata o 30 de xuño. As obras, que ocupan as salas A e L do edificio, caracterízanse por un estilo propio no que funde paisaxismo abstracto e figuras realistas cheas de expresividade e movemento, xunto cunha gran riqueza cromática.

Mostrando o intervalo 91 - 100 de 758 resultados.