Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 111 - 120 de 708 resultados.

A Casa de Galicia en Madrid acolleu este ano a celebración do "V Nadal Galega" coa asistencia do delegado da Xunta en Madrid e o secretario xeral de Emigración

1. Membros de diferentes agrupacións galegas en Madrid co secretario xeral de Emigración Antonio Rodríguez Miranda (terecero pola esquerda) e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega (centro).

A Casa de Galicia en Madrid, sede da Delegación da Xunta na capital de España acolleu esta tarde a celebración de "Nadal Galego", na súa V edición, que contou coas intervencións do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda e do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega. O acto, que está organizado polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid en colaboración coa Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA) e a Secretaría Xeral da Emigración, contou coa asistencia de directivos e membros das diferentes asociacións culturais e profesionais con sede na Comunidade de Madrid.

Inaugurada na Casa de Galicia en Madrid a exposición de pinturas e debuxos "Galicia e o Camiño", de Rafael Gil Cerracín

Gil Cerracín ante un dos seus cadros.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolle desde hoxe e ata o próximo día 30 a exposición "Galicia e o Camiño", de pinturas e debuxos de temática galega, de Rafael Gil Cerracín, artista madrileño pero habitual nas parroquias pontevedresas de Panxón e Ramallosa, quen xa fixo outra exhibición do seu traballo nas instalacións da Casa en 2011. O pintor e a mostra foron presentados polo director do Banco de Alimentos e "coaching" de directivos Jaime Pereira e, en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez.

Investigadores de cinco países reúnense na Casa de Galicia para avanzar no proxecto Cockler, que opta ao programa Interreg Espazo Atlántico de la UE

Un momento da reunión, co delegado da Xunta, José Ramón Ónega, ao fondo e Antonio Villalba de costas.

Investigadores de Reino Unido, Francia, Portugal, Irlanda e España que traballan conxuntamente nun proxecto coordinado polo Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), situado en Vigo, reuníronse hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia para avanzar nos traballos cos que optan a integrar o seu proxecto, Cockles, no Programa Interreg Espazo Atlántico 2014-2020, da Unión Europea (UE).

"O Camiño de Santiago é un dos bens culturais máis importantes de España e o que condensa un maior valor universal"

Begoña Cerro e o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, con José Antonio Ortíz e outros asistentes.

"O Camiño de Santiago é un dos bens culturais máis importantes de España e, sen dúbida, o que condensa un maior valor universal excepcional, tanto polo seu patrimonio histórico-artístico como polo seu significado espiritual e os seus valores inmateriais", afirmou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia Begoña Cerro Prada, subdirectora xeral de Cooperación Cultural coas Comunidades Autónomas (CC AA) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, resaltando especialmente que ten "os máximos recoñecementos internacionais que pode conseguir un ben cultural".

Presentado na Casa de Galicia o "thriller" "Orthodoxia", de contido histórico relativo ao Camino e á Orde de Santiago

Ulises Bértolo, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o director do CNI, Félix Sanz, José Membrive, e o director da Academia Xacobea, Xesús Palmou.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do "thriller" histórico "Orthodoxia", de Ulises Bértolo, coeditado por Edicións Carena e a Academia Xacobea, unha novela de misterio que percorre algunhas cidades, igrexas e mosteiros relacionados co Camiño de Santiago ou a Orde de Santiago así como personaxes e contido histórico relativos ao sepulcro do apóstolo Santiago. No acto interviñeron, ademais de Bértolo, madrileño que reside en Santiago de Compostela, o delegado da Xunta de Galicia, José Ramón Ónega López, o editor, José Membrive, o director da Academia Xacobea, Xesús Palmou, e o militar e director do Centro Nacional de Intelixencia Félix Sanz Roldán.

Investigadores de sete universidades clausuran o traballo conxunto do proxecto nacional sobre "Curricular e boas práctica en Educación Infantil"

1. O delegado dá Xunta en Madrid e director dá Casa José Ramón Ónega, no centro, co director do proxecto Miguel Zabalza (ao seu lado) e ou resto de participantes.

A Delegación dá Xunta en Madrid, Casa de Galicia ten entre os seus labores o favorecer e colaborar con diversas institucións que promovan investigacións nos máis variados campos. Nesta ocasión, acolleu ou último encontro de coordinadores de universidades, entre elas a de Santiago e Vigo, que estaban a levar a cabo un proxecto de investigación nacional, financiado polo Ministerio de Educación, baixo ou título Deseño curricular e Boas Prácticas na Educación Infantil.

A cartografía sobre o Camiño de Santiago en aplicacións informáticas, obxecto dunha conferencia na Casa de Galicia

Manuel Carbajo, xefe de Cartografía Temática do Inst. Xeográfico Nacional, e José Antonio Ortíz, pte. da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid.

A cartografía sobre o Camiño de Santiago nas novas tecnoloxías foi o obxecto da conferencia que o enxeñeiro e cartógrafo Manuel Carbajo, xefe de Cartografía Temática do Instituto Xeográfico Nacional (IXN), pronunciou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia, "Cartografía dixital do Camiño de Santiago publicada polo Instituto Xeográfico Nacional". A conferencia tivo lugar dentro da edición correspondente a 2016 do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos, que se desenvolve na Casa desde o pasado luns e ata mañá, xoves, organizado en colaboración coa Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid que preside José Antonio Ortiz, quen presentou ao relator.

Javier Leralta: "Hai outras maneira de facer o Camiño, levantando a cabeza e mirando aos ollos ás cidades e os pobos"

1. O xornalista e escritor Javier Leralta á esquerda, con José Antonio Ortiz, presidente da Asociación dos Camiños de Santiago de Madrid.

O xornalista, peregrino e escritor especializado en temas madrileños, viaxes e historia medieval, Javier Leralta García, foi o encargado de pronunciar a segunda conferencia co título "O Patrimonio histórico e arquitectónico do Camiño urbano de Madrid. Unha mirada diferente ás igrexas, palacios, prazas fontes e casas da capital", dentro do Ciclo de conferencias "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos" organizado en colaboración coa Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid que preside José Antonio Ortiz.

Francisco Javier Martín Ramiro falou sobre as intervencións máis importantes no Camiño francés en Galicia

1. Francisco Javier Martín, arquitecto de Fomento, o coordinador de Avtividades da Casa, Ramón Jiménez e José Antonio Ortiz, pte. da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid.

O arquitecto, subdirector xeral de Arquitectura e Edificación do Ministerio de Fomento, Francisco Javier Martín Ramiro pronunciou esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a conferencia inaugural do Ciclo do "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos" co título, "Dez intervencións do programa "1,5 Cultural" no Camiño Francés ao seu paso por Galicia", organizado en colaboración coa Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, que preside José Antonio Ortiz. A presentación do acto fíxoa o coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez, en nome do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega. 

Celebrada na Casa de Galicia en Madrid a Xornada empresarial "Oportunidades de negocio en Oriente Medio e países da área"

Ramsi Jazmati, Julio Lage (Aegama) e Eduardo Olier, directivos do Instituto Choiseul España.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia foi escenario esta tarde do desenvolvemento da xornada empresarial "Oportunidades de negocio en Oriente Medio e Países da área", organizada pola Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (Aegama) en colaboración co Instituto Choiseul, co obxecto de analizar e informar aos empresarios das posibilidades de negocio que ofrece esa área xeográfica. Nela interviñeron o presidente de Aegama, Julio Lage, que tamén é presidente do Consello Social da Universidade Politécnica de Madrid e vicepresidente executivo do Instituto Choiseul; o presidente do Instituto Choiseul en España, Eduardo Olier; e o director adxunto ao presidente do Instituto Choiseul e director da Oficina do Instituto Choiseul en Dubai, Ramsi Jazmati.

Mostrando o intervalo 111 - 120 de 708 resultados.