Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 151 - 160 de 708 resultados.

A Fundación Barrié presentou na Casa o programa "Máis Social"

1. O delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega e o presidente da Fundación Barrié José María Arias Mosquera cos representantes das federacións.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación/rolda de prensa pola Fundación Barrié do programa Máis Social que se desenvolve en Galicia desde 2011 e cuxo éxito obtido desexan "exportar" ao resto de España da man de seis confederacións nacionais.

A Casa acolleu esta tarde a celebración da Asemblea Xeral de AEGAMA

1. Na mesa, María José Pintor, secretaria de AEGAMA; Julio Lage, presidente y el tesorero, Gaspar de Vicente.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA) celebrou esta tarde a Asemblea Xeral Ordinaria na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia, tal e como fixo en anteriores exercicios desde que o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega "abrise as portas ás asociacións galegas en Madrid para as súas reunións".

Eladio Rodríguez presenta en la Casa de Galicia en Madrid a súa primera novela, "Gandarón ou o gran falo megalítico de Pena Corneira"

Eladio Rodríguez, coa súa novela.

Eladio Rodríguez, viticultor, adegueiro ourensán (de Beade, en terras do Ribeiro do Avia) e agora tamén escritor, presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa primeira novela, "Gandarón ou o gran falo megalítico de Pena Corneira", unha voluminosa obra escrita en galego que, a dicir do autor, "profunda no cerne do ser e sentir ribeirán e galego" e foi editada por Ir Indo.

A Federación de Asociacioes Galegas en Madrid (FAGAMA) celebrou na Casa o Día das Letras

1. O crítico literario Armando Requeixo; o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega; o sec. xral. de Emigración Antonio R. Miranda , y de FAGAMA Ovidio Cadenas e Fernando Gómez, pte. y sec. e o cantautor Emilio Rúa .jpg

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia, acolleu hoxe a celebración do Día das Letras Galegas organizado por FAGAMA (Federación de Asociacións Galegas en Madrid) cun amplo programa que incluíu aspectos literarios, musicais e gastronómicos. O acto contou coa asistencia do secretario Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda e as intervencións do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; o presidente de FAGAMA, Ovidio Cadenas; do secretario de FAGAMA Fernando Gómez; o investigador do centro Ramón Piñeiro e crítico literario, Armando Requeixo, que pronunciou a conferencia sobre Manuel María e o cantautor Emilio Rúa, que emocionou coa súa interpretación a gran parte dos asistentes.

O xornalista e escritor Alfonso S. Palomares presentou na Casa de Galicia a súa nova novela, "Pyjama Party"

O delegado da Xunta, J.R. Ónega, Villanueva, Romero, Palomares, Barreiros, Ansón e Reigosa.

O xornalista e escritor ourensán afincado en Madrid Alfonso S. Palomares presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa última obra, "Pyjama Party", "unha novela sobre o descubrimento da liberdade" dun novo estudante de xornalismo na España dos anos sesenta que viaxa a Inglaterra, publicada por Ediciones B. No acto interviñeron, ademais do autor, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, o director da Real Academia Española, Darío Villanueva, o tamén xornalista e escritor Carlos G. Reigosa e a representante da editorial, Lucía Luengo. Entre os numerosos asistentes estaban o xornalista Luís María Ansón, a empresaria Mariluz Barreiros e o exministro socialista José Barrionuevo.

A Casa acolleu esta tarde a presentación do libro "Reino Swevo (suevo) en Gallaecia", de Santiago Lorenzo Sueiro

1. Na imaxe, de esquerda a dreita, o autor Santiago Lorenzo Sueiro, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay, o xurista e escritor, Enrique Santín e o presidente de AEGAMA, Julio Lage.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro "REINO SWEVO (SUEVO) EN GALLAECIA. Sus mitos, leyendas e historias" do escritor e comunicador de Compostela, afincado en Barcelona, Santiago Lorenzo Sueiro. Os suevos reinaron nos séculos V e VI de nosa era, entre os anos 409 e 586. É unha etapa sobre a que os historiadores pasan por encima e que o autor destaca especialmente "por ser esta monarquía a primeira cristiá de Europa e do Mundo". O Presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría presidiu o acto, que presentou o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, e no que interviñeron, ademais do autor, o xurista e escritor Enrique Santín Díaz, e o presidente da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA), Julio Lage González.

A empresa viguesa Pinturas Proa celebra o seu 75 aniversario cun acto conmemorativo na Casa de Galicia en Madrid

Iván Casanova, Juan Manuel López-Valcárcel, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, Guillermo Rodríguez-Puime e Alberto Jiménez, na mesa do acto.

A empresa viguesa Pinturas Proa celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia un acto conmemorativo do seu 75 aniversario, lembrando a súa traxectoria ao longo de tan amplo percorrido e presentando algunhas das súas últimas innovacións, que se exhibiron nas instalacións da Casa. Interviñeron no acto o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, e Juan Manuel López-Valcárcel, membro do Consello de Administración de Pinturas Proa, que estivo acompañado polo tamén membro do Consello da firma Guillermo Rodríguez-Puime, o adxunto ao director xerente da mesma, Iván Casanova, e o delegado comercial en Madrid, Alberto Jiménez.

Aegama organiza na Casa de Galicia en Madrid a xornada de formación "´Compliance´ e responsabilidade da persoa xurídica"

Masaguer, presentando a xornada, e, na mesa, os relatores Sainz, Alonso e Gil.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) organizou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a xornada de formación para os seus socios "´Compliance´e responsabilidade da persoa xurídica", impartida por un dos seus asociados especialista na materia, Gramm Audit, e presentadas polo seu vicepresidente e responsable de PEMES, Casimiro Masaguer, e presentadas polo seu vicepresidente e responsable de PEMES, Casimiro Masaguer.

A escritora coruñesa Carlota Lama presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa terceira novela publicada, "Los nombres de la tía Lita"

Cintado, Lama, Jiménez, Burgos e De Vera.

A escritora coruñesa afincada en Madrid Carlota Lama, licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa terceira novela publicada -en realidade a primeira que escribiu, inspirándose na súa tía Lita-, "Los nombres de la tía Lita". Foi editada por Nova Casa Editorial e no acto de presentación participaron, ademais da autora, a xornalista Lola Cintado, o avogado José Manuel Burgos, a tamén autora da mesma editorial Paula de Vera, que interveu sobre os traballos de ambas as escritoras, e o coordinador de Actividades Culturais da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen o fixo en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega.

O Concello de Lugo presenta na Casa de Galicia en Madrid a XV edición de "Arde Lvcvs", que desenvolverá máis de 400 actividades

A concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, o presidente do Concello de Estado, José Manuel Romay, e o delegado da Xunta, José Ramón Ónega.

A concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua de Lugo, Carmen Basadre, presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o programa de "Arde Lvcvs 2016", que por primeira vez, e coincidindo co seu décimo quinto aniversario, durará catro días, do 16 ao 19 de xuño. A presentación contou coa participación do seu anfitrión, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, tamén lucense, e do presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, que clausurou o acto. "Arde Lvcvs" aspira a ser unha das 7 mellores festas de España nun concurso nacional no que se pode participar ata o 31 de decembro na web www.as7mellores.com onde está en primeira posición con máis de 5.200 votos.

Mostrando o intervalo 151 - 160 de 708 resultados.