Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 231 - 240 de 758 resultados.

Emilio Fernández Suárez disertou sobre o "Campus do Mar", "unha agregación estratéxica transfronteiriza para a excelencia"

Fernández Suárez nun momento da súa disertación.

O profesor Emilio Fernández Suárez, investigador e director do Campus de Excelencia Internacional "Campus do Mar", clausurou hoxe o ciclo de conferencias "Galicia á vangarda da investigación mariña" que se desenvolveu na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, coordinado polo doutor Antonio Villalba García (investigador do Centro de Investigacións Mariñas, Xunta de Galicia, Vilanova de Arousa) co obxectivo de "divulgar a excelencia e a transcendencia da actividade investigadora como xeradora de innovación e actividade económica e como foco de atracción e irradiación internacional na formación de investigadores". Fernández Suárez pechou o ciclo coa conferencia "O Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar. As capacidades de investigación e formación mariña de Galicia proxectadas cara ao mundo", na que mantivo que este organismo supón "unha agregación estratéxica transfronteiriza para a excelencia".

Asomega celebrou a súa Asemblea Xeral na Casa de Galicia en Madrid

Un momento da reunión.

A Asociación de Médicos Galegos en Madrid (Asomega) celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral anual correspondente a 2016. Nela sucedeu na Presidencia a Melchor Álvarez de Mon Soto o anterior vicepresidente primeiro Julio Ancochea Bermúdez.

Vicente Araguas presentou na Casa "AGORA XA FOI" reeditada despois de quince anos por Edicións Embora

1. Vicente Araguas, Ramón Jiménez e Francisco Rodríguez.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación da novela "Agora xa foi" do escritor, poeta e crítico literario Vicente Araguas, reeditada pola ferrolá Edicións Embora, quince anos despois de que o fixese Laiovento no 2000. A obra, que está chea de tenrura, humor, amor, escepticismo e distanciamento desenvólvese en só tres días en diferentes lugares da cidade de Ferrol, e está protagonizada por un grupo de mozos militares de esquerda que traman nos anos setenta unha acción política, aproveitando un encontro de fútbol do Racing de Ferrol no antigo campo Manuel Rivera, máis coñecido polo nome do barrio no que estaba, o Inferniño.

Siro López Lorenzo: "Cervantes era de orixe galega, pero non galego nin sanabrés de nacimiento"

1. O conferenciante Siro e o coordinador da Casa Ramón Jiménez.

"Cervantes era de orixe galega pero de nacemento non era nin galego nin sanabrés" dixo de forma contundente o xornalista, escritor e artista plástico ferrolán Siro López Lorenzo, na conferencia que pronunciou baixo o título "¿Cervantes galego?" na delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia, coa que esta institución sumouse aos numerosos actos conmemorativos do IV centenario da morte do universal autor do Quixote, programados en toda España, nesta semana das letras, na que tamén se entrega o prestixioso premio Cervantes no Paraninfo da Universidade de Alcalá.

O presidente do CGCEE, Eduardo Dizy, presenta na Casa de Galicia o libro "CGE-CGCEE. 25 Primeros años", de María Luisa Clemente

1. De esq. a d. Cristóbal Valdés, Marina del Corral, María Luisa Clemente, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, Aurelio Miras, e Eduardo Dizy.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do libro "CGE-CGCEE. 25 PRIMEROS AÑOS", unha obra en dous tomos sobre os debates e traballos realizados polo Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior (CGCEE), órgano consultivo dos españois que residen fóra das fronteiras nacionais, que comezou a súa andaina como Consello Xeral da Emigración. Na presentación participaron, ademais da autora, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López, o presidente do CGCEE, Eduardo Dizy e a secretaria xeral de Inmigración e Emigración, Marina del Corral Téllez.

Mª Victoria Veguín propón na Casa o potenciar a Vía Láctea como Camiño de peregrinos

1. María Victoria Veguín e Ramón Jiménez.

A catedrática de Matemáticas María Vitoria Veguín Casas propuxo unha campaña que vincule a Vía Láctea co Camiño de Santiago, xa que, ao seu parecer, o ceo é "unha materia pendente das institucións que promocionan o Camiño", que poderían crear pequenos observatorios para os peregrinos en lugares con baixa contaminación lumínica. Mesmo apuntou o título da posible campaña: "Peregrino elixe a túa estrela", inspirándose nas antigas crenzas do pasado que asociaban unha alma cunha estrela.

Salgado enxalza na Casa a actividade do INTECMAR, considerado referencia mundial no control dos ecosistemas marinos

  De esquerda a dereita, Covadonga Salgado, Rosa Quintana, José Manuel Romay, José Ramón Ónega e Antonio Villalba.

A  directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR), Covadonga Salgado, impartiu esta tarde a conferencia "O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR), referencia internacional no control dos ecosistemas mariños". No relatorio, enmarcado no ciclo "Galicia á vangarda da investigación Mariña" e organizado pola Casa de Galicia en Madrid, a directora do instituto deu a coñecer as funcións de control dos ecosistemas mariños que desenvolve este centro oficial da Administración Autonómica de Galicia, considerado un referente mundial na materia.

A Casa acolleu a conferencia "Pedras e canteiras na obra de Antonio Palacios", pola xeóloga Pérez-Monserrat, coincidiendo co centenario do Hospital de Maudes

1. A Dra. Pérez Monserrat con el delegado de la Xunta en Madrid, José Ramón Ónega.

"O arquitecto Antonio Palacios apostou pola utilización de granitos e calcarias  de Galicia, de Madrid, e diferentes lugares de España, sempre o máis pretos ás súas construccións, fronte a outros da época que os importaban", dixo a doutora en Ciencias Xeolóxicas do Instituto de Xeociencias Elena Mercedes Pérez-Montserrat, na conferencia que pronunciou na Delegación da Xunta en Madrid, coincidindo co centenario do Hospital de Xornaleiros da rúa Maudes, unha das súas obras máis significativas.

Cruceiros Costeros, que apostan polo desenvolvemento do turismo náutico español é "unha iniciativa nova nun país que é líder no mundo en turismo de cruceiros"

Soliño, Ónega, Llorca e Durán.

Co obxectivo de atraer turismo internacional ás pequenas vilas costeiras, de integrar a oferta en terra coa oferta desde ou mar, aumentar os barcos en tránsito, aumentar o coñecemento e venda de produtos locais e crear unha oferta sustentable económica e socialmente, presentouse na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia os Cruceiros Costeiros de Galicia, unha oferta turística que se poderá gozar a partir do 15 de abril.

Turismo de Galicia promociona en Madrid a Festa do Corpus Christi de Ponteareas e a Ruta da Lamprea

Pousado cos alcaldes de Ponteareas, Arbo e Catoira e con fillos predilectos de Ponteareas.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe na Casa de Galicia de Madrid a festa do Corpus Christi de Ponteareas e a Ruta da Lamprea nun acto que contou tamén coa participación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.

 

Mostrando o intervalo 231 - 240 de 758 resultados.