Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 1 - 10 de 682 resultados.

A Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro "Epigramas 2016" do economista e poeta coruñés Ramiro Facal

1. Presentación do libro Epigramas 2016 de Ramiro Facal. De esquerda a dereita Carlos Reigosa, Ramiro Facal, Ramón Jiménez, Manuel Molares e Antonio Huerga.

Un ano máis, porque este é o segundo, o economista e poeta Ramiro Facal presentou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu libro "Epigramas 2016" no que o autor de Malpica ofrece a súa particular visión crítica e aceda tomando como base os titulares das noticias que foron portada nos principais xornais nacionais. No acto interviñeron ademais de Facal: o coordinador de Actividades Culturais Ramón Jiménez, -quen o fixo en nome do delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega-; os xornalistas Carlos G. Reigosa e Manuel Molares do Val; así como o editor da obra, Antonio J. Huerga.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a súa concelleira de Cultura, Carmen Basadre, presentan na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia as festas de San Froilán de Lugo 2017

A concelleira de Cultura e Turismo de Lugo, Carmen Basadre, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, nun momento da presentación.

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia foi o escenario elixido para a presentación en Madrid do programa das festas San Froilán de Lugo 2017 que se celebrarán na cidade amurallada entre os días 4 e 12 de outubro, nove días nos que se desenvolverán 200 actividades aptas para todos os públicos e idades. O acto estivo a cargo da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, da súa concelleira de Cultura e Turismo, Carmen Basadre Vázquez, e do delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López. Entre o público que asistiu achábanse o deputado por Lugo e exalcalde da cidade Joaquín García Díez, o senador por Lugo José Manuel Barreiro e o escritor Carlos G. Reigosa.

Galicia ofrece este outono tres rutas en tren que combinan o turismo urbano co rural e co termalismo

1. De esquerda a dereita, Rosendo Fernández de INORDE, Nava Castro directora de Turismo, Javier Díaz Trisac xerente de Área Comercial de RENFE e o delegado da Xunta en Madrid e Director da Casa de Galicia José Ramón Ónega, cos folletos informativos sobre os trens turísticos.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe na Casa de Galicia en Madrid o programa Trens Turísticos de Galicia, unha das iniciativas máis exitosas do verán e que estreará novas rutas no outono. Despois de alcanzar unha ocupación superior ao 87%, desde o 30 de setembro ten programados tres itinerarios coas cidades da Coruña, Ourense e Lugo como protagonistas.

Nava Castro estivo acompañada neste acto polo delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega; o xerente da área Comercial e Servizo de Atención ao Cliente de Renfe, Javier Díaz Trisac, e o presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), Rosendo Fernández, a quen agradeceu a súa implicación neste proxecto en común.

A exposición "Arquitecto Vázquez Gulías Martínez", con proxectos, debuxos, fotografías e efectos persoais, estará na Delegación da Xunta en Madrid ata o 28 de setembro

1. Acto oficial de inauguración, de esquerda a dereita, José Antonio Cacabelos alcalde do Grove, Lucila V. Gulías neta do arquitecto, Jesús Vázquez alcalde de Ourense e José R. Ónega delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega presentou esta tarde a inauguración de mostra "Arquitecto Daniel Vázquez Gulías Martínez", proxectos, debuxos, fotografías e obxectos persoais, organizada en colaboración co Centro Cultural Daniel Vázquez Gulías M., e o Concello do Grove.  Máis dun centenar de persoas acudiron á Casa para asistir ao acto no que interviñeron os alcaldes de Ourense e do Grove, Jesús Vázquez Abad e José Antonio Cacabelos Rico, xunto con Lucila Vázquez Gulías, avogada, neta do arquitecto Daniel Vázquez Gulías Martínez (1869-1937) e presidenta do centro cultural cuxo obxectivo é a promoción e difusión da obra de Gulías, tanto a nivel arquitectónico como documental, industrial e material.

A artista texana afincada en Cedeira Jane Danko expón na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a mostra "Natureza viva"

Jane Danko ante parte da súa obra exposta.

A polifacética artista Jane Danko, nacida en Texas (EE. UU.) e afincada en Cedeira (A Coruña) desde o ano 2000, expón na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a mostra "Natureza viva", composta por pinturas, esculturas, debuxos, gravados e máscaras teatrais. Na inauguración da mostra, que poderá verse ata o próximo día 30, interviñeron, ademais da autora, o escritor e crítico literario Vicente Araguas e, en representación do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, Ramón Jiménez, coordinador de Actividades Culturais da Casa.

A Delegación da Xunta/Casa de Galicia en Madrid celebra o Día de Galicia recoñecendo a labor de nove personalidades

De esda. a dta., os nove homenaxeados, o director da Real Academia Española, Darío Villanueva, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a presidenta do Congreso, Ana Pastor, o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay, e o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, ao comezo do acto.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu esta tarde a celebración dos actos do "Día de Galicia", en Madrid, onde destacou o papel de divulgación do patrimonio galego que vén facendo este centro ano tras ano. O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, fixo un repaso polos actos e actividades que se celebraron durante este ano.

Aegama celebra na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a xornada "Como cuadruplicar as vendas nun ano"

Adriana Danés e Carlos Carcelén, de Level UP, e Casimiro Masaguer e Isabel Noriega, directivos de Aegama.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), en colaboración coa súa asociada Escola de Negocios Level UP, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a xornada empresarial "Como cuadriplicar as vendas nun ano", baseada nun caso real, un bufete de avogados que recibiu asesoramento desta empresa.

A exposición "Horizontes de mar e memoria", da artista arousá Marisa Redondo estará na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia ata o 28 de xullo

1. A pintora Marisa Redondo cunha das súas obras.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá ata o 28 de xullo a mostra pictórica "Horizontes de mar e memoria" da artista de Arousa, Marisa Redondo. O acto de inauguración contou coas intervencións do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o capitán de Navío da Armada e académico correspondente da Real Academia da Historia, José María Blanco; e a propia pintora, quen ofrece na súa obra un universo de cadros que non escatiman texturas nin atrevidas cores para reflectir efectos visuais en mares, barcos, rochas e postas imposibles. Ademais asistiron os deputados Tomás Fole e Pilar Rojo, a diputada autonómica Marta Rodríguez Arias e o senador José Manuel Barreiro, entre outras personalidades.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do cadro "Alonso Pita dá Veiga, o heroe galego da batalla de Pavía", de Augusto Ferrer-Dalmau

1. De esq. a dereita o coronel Hernández Turiño, o pintor Dalmau, a Dra. Fidalgo, o delegado da Xunta en Madrid J. Ramón Ónega, o xefe de E. M. do E. T. Fco. J. Varela, o húsar e o suboficial maior M. Navas.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do cadro "Alonso Pita da Veiga, o heroe galego da batalla de Pavía" do artista de recoñecido prestixio Augusto Ferrer-Dalmau, quen quixo cos seus pinceis lembralo e renderlle homenaxe pola súa xesta.

AEGAMA celebrou esta tarde a súa Asemblea Xeral na Casa de Galicia en Madrid

1. Xunta directiva de AEGAMA, de esquerda a dereita, José Manuel Campos, Francisco Javier Saguar, Xullo Lage, Isabel Noriega e Gaspar de Vicente.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid celebrou esta tarde a súa Asemblea Xeral na Casa de Galicia, Delegación da Xunta na capital de España, tal e como o veñen facendo os últimos anos desde que o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega "abrise as portas" ás asociacións galegas en Madrid, para as súas reunións e actividades profesionais. 

Mostrando o intervalo 1 - 10 de 682 resultados.