Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

CICLO "MEDICINA E HUMANIDADES". Conferencia "O modelo sanitario galego", por Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia

Data 22/06/2017 19:30

Esta conferencia forma parte do Ciclo "MEDICINA E HUMANIDADES", organizado pola Asociación de Médicos Gallegos (ASOMEGA) xunto coa Previsión Sanitaria Nacional (PSN).

Dirixe e coordina o Ciclo o Dr. D. Julio Ancochea Bermúdez, presidente da Asociación de Médicos Gallegos en Madrid (ASOMEGA).

O ciclo de  conferencia "Medicina e Humanidades", que consta dun total de seis relatorios, nace como foro de pensamento e debate e reunirá periodicamente a profesionais de recoñecido prestixio do ámbito da Medicina que se darán cita tanto na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia como na nova sede central de PSN.

O obxectivo deste ciclo é poñer de manifesto a necesaria unión entre a disciplina científica médica e a humanística para un óptimo desenvolvemento da Medicina en beneficio da sociedade.

Jesús Vázquez Almuiña naceu en Baiona en 1962. Licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e experto universitario en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid. Máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña.

Foi alcalde de Baiona desde 2004 e deputado provincial en Pontevedra desde 2003. Foi director provincial do Sergas de Pontevedra; director-xerente do Hospital Meixoeiro; coordinador do servizo de Admisión, Documentación Clínica e Atención ao Paciente do Hospital Meixoeiro de Vigo; e médico do Servizo de Admisión do mesmo hospital. Con anterioridade, foi tamén coordinador dos servizos de arquivo e Documentación Clínica e Atención ao Paciente en Povisa; xefe do Servizo de Recepción e Xestión de Pacientes no mesmo centro e médico no servizo de Urxencias.

Exerceu como médico de Medicina Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Segovia.

Desde outubro de 2015 é conselleiro de Sanidade.

 



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuiña