Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Conferencia "HISTORIA DA GAITA E GAITAS DO MUNDO", por Fernando Molpeceres Álvarez, mestre gaiteiro pola Real Banda da Deputación de Ourense

Data 19/06/2017 19:30

O acto celébrase en colaboración coa Asociación de Música e Investigación Albedro e a súa Banda de Gaitas "Lume de Biqueira".

Fernando Molpeceres iniciouse coa aprendizaxe da guitarra flamenca cos mestres Rafael Nogales e Andrés Baptista; formouse como Mestre Gaiteiro na Real Banda da Deputación de Ourense e foi profesor de gaita na Banda de Gaitas Lume de Biqueira desde 2005 ata a actualidade. É, así mesmo, colaborador habitual do Anuario da Gaita. Ademais realizou conferencias por toda España, incluíndo a Escola de Gaitas da Deputación de Ourense ou o prestixioso conservatorio Mayeusis de Vigo, relacionados co mundo da gaita: historia, gaitas do mundo, iconografía, xéneros tradicionais da música galega, música celta, etc.

 



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes