Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Conferencia do historiador ferrolán Juan Luis Beceiro: "A expulsión dos xudeus e a Inquisición española"

Data 23/01/2018 19:30

Beceiro fará unha disertación sobre a situación relixiosa na España do século XV e XVI, afirmando que a lenda negra xurdida ao redor da persecución dos xudeus e a Inquisición foi froito dos inimigos de España, principalmente protestantes.

Achegará datos comparativos que mostran que o número de mortes causadas pola acción da Inquisición, a longo dos seus varios séculos de existencia, foi significativamente inferior ás causadas polos 6 anos de terror que seguiron á Revolución Francesa, por exemplo. 

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Salamanca, na que foi axudante de Cátedra de Dereito Internacional, e onde estableceu os primeiros contactos co mundo hispanoamericano, con estudantes procedentes de Colombia, Porto Rico, Nicaragua, Bolivia e Venezuela, que alargaron o seu horizonte cultural hispánico. Colaborou coa prensa de Salamanca preferentemente en temas de política internacional.

Tamén visitou diferentes países europeos como Francia, Italia, Irlanda, Portugal e Gran Bretaña (onde gozou dunha bolsa na Universidade de Saint Andrews, en Escocia, para a realización de estudos de lingua inglesa). Ademais, Beceiro é autor do libro titulado ‘A mentira histórica desvelada'.

Apaixonado da historia de España, converteuse nun experto do período correspondente aos Reis Católicos e a súa herdanza, tanto en España como no resto de Europa e América. 



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

O historiador ferrolán, Juan Luis Beceiro.