Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación da novela "Te llamaré muerto. Valle-Inclán y Acevedo en la Casa del Demonio", publicada por EDHASA

Data 22/02/2018 19:30

O escritor e xornalista José de Cora publica esta novela que mestura espiritismo, a Galicia de 1900 e a Valle-Inclán.

No ano 1900, nunha casa da costa galega dúas mulleres sofren ataques de forzas que non atenden ás leis físicas. Tres peculiares personaxes coinciden alí para disputar o descubrimento a arcebispado de Santiago. Son o médico e espiritista Manuel Otero Acevedo, o escritor de esperpentos Ramón María del Valle-Inclán e o avogado e xornalista Prudencio Landín Tobío.

Acompañarán ao autor, José Manuel Romero, conde de Fontao; e Daniel Fernández, editor e presidente de Edhasa.

JOSÉ DE CORA PAREDELA. Escritor e xornalista, naceu en Lugo en 1951. Desenvolveu o seu traballo en todos os medios de comunicación: axencias de noticias, xornais, revistas, radio, cine e televisión.

Foi redactor da axencia Efe (1970-79) en Madrid e corresponsal alí de El Progreso, Ferrol-Diario, Región de Oviedo e La Voz de Avilés. Tivo colaboracións en Lui, Doblón, Tiempo, Galicia Internacional, Radio Lugo, Radio Nacional e Radio 80. Director da revista En Punta, especializada en medios de comunicación, e redactor xefe de El Indiscreto Semanal. En 1980 foi nomeado director de El Progreso, cargo que ocupou ata o ano 1994, no que pasa a ser director xeral do Grupo El Progreso. Profesor convidado na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. Presidiu a Asociación de la Prensa de Lugo, a Asociación Gallega de Televisiones Locales e foi tesoureiro do Colegio Profesional de Periodistas de Galicia. Pertence á Asociación de Empresas Gallegas del Audiovisual.

A súa actividade como humorista en prensa mereceu La Codorniz de Plata no ano 2000. Desde 1976 escribiu multitude de ensaios, tanto en castelán como en galego, principalmente históricos, como Ideologías para un rey (Aguaribay) ou Manual del perfecto político (Espasa Calpe).

Como cineasta, escribe os guions, dirixe e produce multitude de series e documentais. Tamén cultiva a narrativa, con obras como Secuestro y fonda de Cela en Contamina (Tris-Tram), La verdadera historia del último inquisidor y el maravilloso Oráculo de la Vida (Edaf), Pecados Manuais (Xerais) ou La navaja inglesa (Tropo Editores, 2014). A súa última novela publicada é El estornudo de la mariposa. Los Garbo contra Hitler (Edhasa, 2016).



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada da novela publicada por EDHASA.

José de Cora, autor da novela.