Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación da novela "LA VIDA DE OTRO", de Carlos G. Reigosa, publicada pola editorial Akal

Data 19/06/2018 19:30

Esta novela é un espello ao longo da Transición española no que cada un pode descubrir o seu propio rostro. O protagonista é un mozo dunha xeración e dunha sociedade que empezan a cambiar a partir de 1968 e que, tras a morte de Franco, elabora e expresa as súas propias respostas a preguntas vitais, sociais e políticas, expostas nun marco ilusionante.

Acompañarán e conversarán co autor: Ángel Basanta, presidente de la Asociación Española de Críticos Literarios; Alfonso S. Palomares, escritor e xornalista; e Jesús Espino, editor.

«Sigo levando a vida doutro, e cada vez cústame máis.» Seica non é esta unha realidade coa que calquera lector sente identificado ao levantarse cada mañá? Non levamos unha existencia allea, imposta en certo xeito por circunstancias externas, que dista moito de ser aquela que realmente quereriamos vivir? Ou este queixume, habitual, non deixa de ser unha coartada coa que ocultar que no fondo facemos o que desexamos pero non queremos recoñecer? O triunfo social aboca realmente a unha insatisfacción existencial , ou é unha mera pose coa que xustificarnos ante o mundo? Pois, se non, por que non damos un xiro radical ás nosas vidas?

Este é o marco xeral en que se desenvolve esta intensa narración. Pero non estamos ante unha mera novela de corte existencialista. Narrada en primeira persoa, o protagonista non se limita a compartir co lector a inconsistencia (e incoherencia) da súa «queixa» (retórica). Esta idea é a escusa que serve como marco para desenvolver un sentido repaso ao últimos cincuenta anos da historia de España, ademais dunha reflexión sobre o devir do oficio xornalístico. Unha visión que non cae en clichés manidos nin en grandilocuencias vacuas. O resultado é unha magnífica crónica do acontecido no noso país nunhas décadas crave, unha auténtica lección de historia social, política, económica e cultural.

Carlos G. Reigosa (Lagoa da Pastoriza, Lugo, 1948) é xornalista, profesor e escritor. É autor de numerosos artigos de crítica literaria e teatral e de política internacional, de relatos curtos, de investigación e ensaio, así como novelas (entre as que destacan "El misterio del barco perdido" [1988], "La guerra del tabaco" [1996], "Narcos" [2001] e " Intramundi" [2002]). Foi galardoado co I Premio Xerais en 1984, co Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testimonial en 1996 e co Premio Torrente Ballester en 2008.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada da novela, que xa fora publicada en galego en 2008 conseguindo XX Premio de Novela Torrente Ballester.

O escritor e xornalista Carlos G. Reigosa