Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación da novela "LAS HORAS NO CONTADAS", de Begoña Peñamaría

Data 21/06/2018 19:30

A escritora coruñesa Begoña Peñamaría Marcos presenta esta obra coa que gañou recentemente o Premio Internacional de Literatura Nova "Lord Byron 2018", do Grupo Sial Pigmalión.

Esta novela é unha parábola sobre as relacións humanas e as dificultades que poden ensombrecelas, especialmente no ámbito doméstico do matrimonio.

Acompañarán á autora: José Mª Paz Gago, catedrático de Literatura Comparada da Universidade da Coruña e prologuista da obra; Alfredo Conde, Premio Nacional de Literatura; Vicente Araguas, profesor, crítico literario e escritor; e Basilio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión.

Mostra antolóxica do máis brillante humor negro, a historia está orixinalmente limitada no espazo e no tempo, unha noite na casa do matrimonio, o que contribúe a crear unha atmosfera opresiva, case kafkiana, pero con tinguiduras surrealistas e ton de comedia macabra.

Esta novela, que rompe con todo o escrito anteriormente, está escrita con humor e unha idea un tanto teatral que lle levou a acoutar a acción a unha casa e un matrimonio. Aí instalouse a autora para falar da maldade e o lado feo das cousas, algo que ata agora non fixo.

Ela, "unha muller que está moi desequilibrada" e el, un home enamoradísimo que sente culpable de todo o que lle pasa á súa muller, pero esa noite, a que conta Begoña, pasa algo. Ela leva a cabo unha idea e en 268 páxinas saen a bailar os rancores de tantos anos casados. As aparencias deixan de selo e a risa aflora, porque é un libro moi divertido, un rexistro diferente, menos afectivo. É ela, Mercedes, contra o mundo. Autoconvencida. Guisando e comendo nun escenario único.

Begoña Peñamaría. Nada na Coruña, no seo dunha familia con inquietudes literarias, sendo antepasada súa a escritora e académica da Lingua Elena Quiroga. A súa facilidade polo mundo da creación lévaa a cursar estudos de Deseño de Moda e a dirixir un taller no que se comercializa en exclusiva a firma téxtil que leva o seu nome, así como a mergullarse de cheo no mundo da escritura. Begoña é autora de catro libros: "Dejadme marchar" ( néditor, 2013); "Una vida esperando" (Premio Fernando Arenas Quintela. Ediciones Arenas, 2016); "Claves para vestir bien sin arruinarnos en el intento" (Hércules Ediciones, 2016) e a novela "Las horas no contadas"; e é tamén autora de numerosos relatos, poesías e artigos en diversos medios.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada da novela 

A escritora coruñesa Begoña Peñamaría