Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación do libro, editado por Huerga & Fierro, "EPIGRAMAS [2016]", de Ramiro Facal

Data 19/09/2017 19:30

O acto contará coa intervención dos xornalistas Carlos G. Reigosa e Manuel Molares do Val, e do editor Antonio J. Huerga.

 

A través dos epigramas o autor ofrece a súa particular visión sobre titulares de noticias que le na portada dos principais rotativos de Madrid. E faino respectando o método clásico de rima e métrica, ademais da esencia do epigrama, que é a de criticar ou encomiar as noticias. Cada día, un epigrama, e variando os xornais e os temas. É a súa visión do que pasa, desde a política ao deporte, da ciencia á economía. O que máis lle chame a atención.

Cada mañá analiza os titulares e busca aquilo que lle esperta máis interese, xa sexa un moi destacado ou un pequeno pé de páxina. Ten que ser algo que lle impresione, que lle provoque. De aí sae ese mínimo de dez versos que no seu libro aparece acompañado da noticia orixinal e a data, algo fundamental para contextualizarlo.

RAMIRO FACAL, 1945 (Cerqueda-Malpica-A Coruña) desprazouse a Madrid para cursar os estudos de Ciencias Económicas na Universidade Complutense, onde seguiu escribindo versos ata despois de licenciado. Exerceu a súa profesión tanto en España como en América Latina. En 2004 foi nomeado Doutor of Business Administration, Honoris Causa, por The Constantinian University of Cranston, State of Rhode Island (USA). Afastado xa do mundo laboral retoma o verso e utilízao como arma arreboladiza contra todo e contra todos, tanto para a crítica como para o encomio.

No ano 2016 publicou o seu primeiro libro: "Epigramas [2015]" e agora pon en pé un novo libro baixo o título de "Epigramas [2016]".

 



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada do libro

Ramiro Facal