Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación da tempada de outono dos "TRENS TURÍSTICOS EN GALICIA"

Data 14/09/2017 12:00

O acto de presentación contará coa asistencia de Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, quen dará a coñecer as tres novas rutas que circularán durante setembro e outubro: "Lugo Romano", "Ourense termal e de compras" e "Descubrindo A Coruña". 

A directora de Turismo estará acompañada do presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, Rosendo Fernández; e o xefe da área comercial e servizo de antención ao cliente de RENFE, Javier Díaz Trisac.

 

Os itinerarios outonais permitirán aos participantes achegarse a tres cidades: Lugo, Ourense e A Coruña, e gozar dos variados recursos cos que contan.Trátase de novos destinos e propostas co turismo urbano e de compras, a cultura e o termalismo como eixos. 

Todas estas propostas conforman unha oferta turística de altísima calidade, tranquila e sustentable.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes