Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación da novela EN EL CORAZÓN DE LA LLUVIA, de Milagros Frías, editada por Algaida

Data 17/04/2018 19:30

Esta obra, que é a sétima novela da escritora estremeña, foi galardoada co XI Premio Logroño de Narrativa. Ambientada en Galicia, aborda como unha muller se reinventa nun medio rural, moi diferente ao da súa vida ata entón.

O acto de presentación contará coa intervención, ademais da autora, do director de ABC, Bieito Rubido, e da xornalista Marta Robles.

"En el corazón de la lluvia" é unha novela coral e de aventuras, misterio e relacións afectivas que está ambientada nun pobo pequeno de Galicia, terra coa que ten unha relación moi especial por cuestións familiares.

A historia que conta é a de Laura, unha muller en plena crise dos 40 que quere volver a España despois de moitos anos traballando no estranxeiro. Esta muller trasládase a vivir a un pequeno pobo galego para facerse cargo da xerencia dunha leira.

A novela reflexiona por unha banda sobre como se trata e como se xulga a unha muller que emprende un proxecto soa, e por outra, sobre a situación dos pobos pequenos que son paraísos que se baleiran, ao mesmo tempo que as cidades se enchen para vivir peor en moitas cousas.

MILAGROS FRÍAS naceu en Jerez de los Caballeros (Badaxoz), é escritora e xornalista. A autora publicou distintas obras dentro deste xénero como 'La sal de la vida' (1999), 'Ars Amandi' (2000), 'Paisajes de invierno' (2003), ‘La alambrada de Levi' (2006), 'El verano de la nutria' (2010) e 'Amor en un campo de minas' (2013), entre outras. Ademais, foi galardoada con anterioridade co Premio de Narrativa Torrente Ballester, que logrou no 2009, con 'El verano de la nutria'.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada da novela que foi galardoada con XI Premio Logroño de Narrativa.

Milagros Frías é la autora de "En el corazón de la lluvia", editada por Algaida.