Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Homenaxe a JOSÉ ANTONIO ORTIZ, con ocasión do seu nomeamento como Presidente de Honra da Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid

Data 25/04/2018 19:30

Intervirán, ademais do homenaxeado, Luis Gutiérrez Perrino, Presidente da Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago; e Jorge Martínez-Cava, Presidente da de Madrid.

O acto finalizará co concerto "Músicas sobre el Camino de Santiago", por José Ignacio Hernández Toquero, guitarrista e compositor; e Mer Pérez, voz solista.

José Antonio Ortiz Baeza (Madrid, 1957). Licenciado en Filosofía e Letras (UCM, 1984); Doutor en Filosofía (UCM, 1994) coa tese de doutoramento: Teoría de la Relacionalidad y la Esencia en Amor Ruibal.

Peregrino en 1986, é membro fundacional da Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid (1987), vicepresidente desta entre 1997 e 2001, e presidente desde 2001 ata 2018.

Membro da Xunta Directiva da Federación Española Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago desde 2000.

Director da revista Peregrino (Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago) desde 2001.

Creador e coordinador do "Premio Internacional Pentafinium Jacobeo a las Bellas Artes, Música, Imagen , Literatura e Investigación" e do "Premio Internacional Trifinium Jacobeo, a una vida, una obra y un programa de actuación".

De entre as súas obras destacan: Camino de Madrid a Santiago de Compostela (1999); Itinerario Aerofotográfico del Camino de Santiago (1999); Camino de Santiago. Identificación de Caminos históricos en España y su confluencia y conflicto con la Red de Carreteras del Estado (2006); Camino de Madrid a Santiago de Compostela. Mapa ilustrado 1:150.000 Madrid-Sahagún (2015).



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes