Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Rolda de prensa/presentación de "Muxía Rural, Destino Ornitolóxico"

Data 18/01/2018 19:30

Esta iniciativa está impulsada desde a Asociación Muxía Turismo Rural, representada por Jesús Trillo, e coa colaboración do Concello de Muxía e da Sociedade Española de Ornitoloxía.

"Muxía rural, destino ornitolóxico" é unha experiencia que inclúe unha escapada ornitolóxica na que colaboran os establecementos de turismo rural da vila coruñesa, e un concurso fotográfico "Muxía desde o alto", no que poderá participar calquera persoa, tome parte ou non desa experiencia nos aloxamentos.

No acto de presentación intervirán: a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; o alcalde de Muxía, Félix Porto; o deputado de Cultura, Turismo e Patrimonio Histórico-Artístico da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o presidente da Asociación Española de Autónomos, Lorenzo Amor; Francisco Canabal, membro do Clúster de Galicia; e o presidente da Asociación Muxía Turismo Rural, Jesús Trillo.

Os seis establecementos de turismo rural da asociación ofertarán do 1 de novembro ao 31 de maio de 2018 un paquete especial de dúas noites (aloxamento, almorzo e cea), que inclúe a guía ornitolóxica publicada polo Concello de Muxía, a cal poderán consultar tamén a través da web muxiaturismorural. com.

A zona está considerada polos expertos como un dos lugares máis importantes da xeografía española para o avistamento de aves migratorias pouco frecuentes e dispón de tres amplas rutas para poder facelo.

Tras o acto haberá unha degustación denominada "Mar e Terra da Costa da Morte", grazas á colaboración de Industrias Cerdeimar, Cárnicos Raposo, Distribuciones Guimareu e Panadería Castreje.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada do folleto informativo do proxecto "Muxía Rural, Destino Ornitolóxico"