Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

II XORNADAS DE CULTURA DO VIÑO E LITERATURA

Data 20/11/2017 19:30

Conferencia sobre Carlos Casares, Otero Pedrayo e o viño Ribeiro, polo historiador Xavier Castro e a xerente da D. O. Ribeiro, Cristina Alcalá.

As II Xornadas de Cultura do Viño e Literatura están promovidas polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e coordinadas polo profesor Xavier Castro, e pretenden homenaxear a Carlos Casares e Otero Pedrayo, ilustres escritores galegos que tiveron vínculos na súa vida e na súa obra coa comarca do Ribeiro.

A D.O. Ribeiro é unha das máis antigas e prestixiosas de España, e o seu viño é, sen dúbida, unha das marcas que mellor encarnan a representación da identidade simbólica de Galicia. Dáse así continuidade ao proxecto cultural iniciado o ano pasado coas primeiras Xornadas de Cultura do Viño e Literatura: Palabra de Cervantes.

Xavier Castro, historiador especialista na historia do viño e Cristina Alcalá, xerente da D.Ou. Ribeiro, serán os protagonistas da segunda edición das Xornadas de Cultura do Viño e Literatura.

Estas xornadas con carácter interdisciplinar percorreron ademais as cidades galegas de Vigo, Santiago de Compostela e Ourense, celebrando conferencias multimedia, mesas redondas e outros eventos conmemorativos nos que interviñeron recoñecidos especialistas na cultura e historia do viño e a literatura.

Xavier Castro: Especialista na historia do viño e a alimentación, director de varios proxectos de investigación e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Libros do autor: "A rosa do viño" (Galaxia), "A lume manso" (Galaxia), "A la sombra ejemplar de los parrales" (Trea) e "A mesa e manteis" (Biblos) (En castelán: "Yantares Gallegos", USC).

Cristina Alcalá, Socióloga e xerente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro. Foi directora  5 Senses Wine e Vinum-MiVino; divulgadora en Radio Nacional de España, El País e revistas internacionais. Xurado de cata profesional nacional e internacional, Decanter, Concours Mondial de Bruxelles, Grenaches du Monde, Bacchus… Recibiu o Premio Mirador do Viño 2015 á mellor traxectoria profesional. Libros: "El mundo del vino contado con sencillez" (Editorial Maeva) e "Eligen Ellas" (Ed. Ex-Libris).



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Cartel anunciador das II Xornadas de Cultura do Viño e Literatura.

Xavier Castro é especialista en historia do viño.

Cristina Alcalá é a xerente da D. O. Ribeiro.