Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

CICLO DE CONFERENCIAS "MEDICINA E HUMANIDADES"

Data 11/12/2017 19:30

Conferencia "As enfermidades infecciosas no Camiño de Santiago", polo Dr. José María Eiros.

O Dr. Eiros, Catedrático de Microbioloxía da Universidade de Valladolid e xefe de Servizo de Microbioloxía e Parasitoloxía do Hospital Universitario Río Hortega de Valladolid, efectuará unha exposición ilustrada da cronoloxía da ruta Xacobea describindo os períodos esenciais da mesma. Desde a súa visión profesional como médico especialista en microbioloxía describirá as principais enfermidades infecciosas que mantiveron actividade entre os peregrinos. De modo complementario expoñerá determinadas doenzas coa súa vertente asistencial e epidemiolóxica.

Dirixe e coordina o Ciclo o Dr. D. Julio Ancochea Bermúdez, presidente da Asociación de Médicos Gallegos en Madrid (ASOMEGA).

José Mª Eiros Bouza (Mondoñedo, 1959) é Licenciado (1982) e Doutor (1988) en Medicina e Cirurxía e especialista en Microbioloxía e Parasitoloxía vía MIR (1984-1987) no Hospital Clínico Universitario de Valladolid. Catedrático de Microbioloxía na Facultade de Medicina da Universidade de Valladolid (UVA) e Xefe de Servizo de Microbioloxía do Hospital Universitario "Río Hortega", as súas áreas de interese son a epidemioloxía, diagnóstico e resposta inmunitaria ás enfermidades infecciosas víricas e bacterianas de impacto sanitario e o emprego de antimicrobianos, integrado en diferentes grupos de investigación do Sacyl e a UVA.

Nestes ámbitos desenvolveu o seu labor como autor 148 libros, publicou 514 artigos científicos e presentou 762 comunicacións e/ou relatorios en Congresos. 

O ciclo de conferencias Medicina e Humanidades, organizado por Previsión Sanitaria Nacional (PSN) e a Asociación de Médicos Gallegos (Asomega) dentro do contexto de estreita colaboración entre ambas as institucións, nace como foro de pensamento e debate, e ten como obxectivo poñer de manifesto a necesaria unión entre a disciplina científica médica e a humanística para un óptimo desenvolvemento da Medicina en beneficio da sociedade.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

O Dr. Eiros é Catedrático de Microbioloxía da Universidade de Valladolid e xefe de Servizo de Microbioloxía e Parasitoloxía do Hospital Universitario Río Hortega de Valladolid.