Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación da novela "EL FUEGO DEL FLAMBOYÁN", de Viruca Yebra, editada por Almuzara

Data 24/05/2017 19:30

"El fuego del flamboyán" evoca maxistralmente, a través dunha fascinante saga familiar, o contraste entre as vidas da Galicia profunda e a súa próspera emigración á sensual Cuba da primeira metade do século XX.

A xornalista de Sarria, que debuta como narradora, estará acompañada neste acto de presentación polo xornalista e escritor Alfonso S. Palomares e pola escritora Almudena de Arteaga.

A xornalista afincada en Marbella, Viruca Yebra, (nada en Sarria, Lugo) debuta na novela con "El fuego del flamboyán" (editorial Almuzara), unha narración que percorre boa parte do século XX para explorar a aventura e a historia da emigración galega en Cuba.

A súa crónica, plena de paixóns e vidas cruzadas, parte das postrimerías da ditadura de Primo de Rivera e alcanza os anos posteriores ao triunfo da revolución castrista co inicio do éxodo a Miami.

Na Galicia rural e convulsa da ditadura do xeneral Primo de Rivera, un puñado de personaxes tratan de vivir segundo as súas propias conviccións nos días previos ao comezo da República. Pero chegado o momento, as circunstancias obrigaranlles a deixar España con destino a Cuba; os uns porque lles perseguen as esquerdas, os outros porque desexan darlles caza as dereitas. A exultante e próspera Habana de entón supoñerá un aberto contraste coa fría terra da que proceden. A illa é luz, sensualidade, modernidade, fortuna, ritmo e abundancia. A árbore do lume será testemuña de que a mestura de razas e o tórrido ambiente gobernan os sentidos.

Os personaxes centrais son Antonio, un avogado liberal e culto, e Tino, un sedutor que regresa a Galicia para casar. Xunto a eles, catro mulleres excepcionais: Elisa, Elvira, Nélida e Casilda, porque, aínda que os protagonistas son masculinos, as súas historias están moi vinculadas a elas.

Crónica da emigración galega a Cuba durante a Segunda República, onde a paixón, o abandono e os malos tratos están presentes. Pero a honra, os valores e a lealdade son a esencia desta novela coral escrita a partir de feitos reais e baseada nos testemuños de numerosos homes e mulleres, uns famosos e outros descoñecidos, que viviron unha das épocas máis emocionantes e traumáticas da nosa historia recente.

 



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada da novela.

Viruca Yebra, autora do libro.