Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Proxección do documental, con posterior coloquio, "CONTANDO A CARLOS CASARES", con guión, dirección, produción e montaxe de Gonzalo E. Veloso

Data 23/05/2017 19:30

"Contando a Carlos Casares" é un documental que ten unha duración de 60 minutos, no que participan familiares e amigos, así como especialistas sobre o autor homenaxeado, cos cales se percorre as facetas máis interesantes da súa vida para poder coñecer ao home, así como poder atopar as chaves coas que enfrontarse á súa obra literaria.

Este acto forma parte do conxunto de eventos que se programaron en homenaxe a Carlos Casares, con motivo do Día das Letras Galegas.

Este achegamento faise dende diversos puntos de vista: ofrécese unha visión cercana como persoa, máis alá da personaxe histórico-cultural; abórdase á súa metodoloxía de traballo, ás súas motivacións, paixóns e dinámicas; dáse espazo para a análise e a crítica literaria dun xeito cercano que todo o mundo pode entender e repárase na súa labor como editor, como político e como axente cultural.

O propósito deste documental é mostrar a pluralidade e a versatilidade de Carlos Casares, así como elaborar unha obra que permita ao espectador coñecer as chaves coas que entender o máis posible a súa creación e a súa figura.

Gonzalo E. Veloso estudou Filoloxía Hispánica, especializándose en Teoría da Cultura en universidades como USC, UdC ou Princeton University. Combinou os seus estudos teóricos coa creación audiovisual e actualmente cursa o Máster en Documental de Creación da Universitat Pompeu Fabra. Ademais, asistiu a masterclasses e talleres con artistas e cineastas como Daïchi Saïto, Víctor Erice, Eugenio Ampudia, James Benning, Daniel Canogar ou Claudio Caldini. Durante 2014 foi seleccionado no "IV Encontro de Artistas Novos 'Cidade da Cultura'" (España) e no "Inspiration Forum" do Jihlava IDFF (República Checa).

As súas películas foron seleccionadas, exhibidas ou expostas en festivais como Jihlava IDFF (República Checa), Xociviga (España), Ourense FF (España) ou Pehuajó (Arxentina), así como en centros artísticos ou culturais como Fundación Seoane, CGAI, MARCO, Museo de Pontevedra, Fundación Camilo José Cela or CGAC. Os seus traballos e artigos, centrados en Literatura, Cinema e Arte, foron publicados en diversas revistas científicas e libros académicos.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Fotograma do documental