Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición de pintura "Homenaxe a Van der Weyden", de SOLEDAD FERNÁNDEZ

Do 08/05/2018 ó 31/05/2018

Esta mostra é unha homenaxe que a pintora dedica ao artista flamenco, Rogier van der Weyden. Tomando a súa composición El Descendimiento, plasma unha escena social, a dun albanel caído, emulando a dor dunha familia ante o drama dun ser querido.

Poderán visitarse tanto o óleo Homenaxe a Rogier van der Weyden, como os bosquexos ao grafito previos á obra definitiva, ata o31 de maio, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

SOLEDAD FERNÁNDEZ nace en Madrid.  En 1949 trasládase a Collado Villalba (Madrid), onde actualmente reside. En 1960 e durante sete anos estuda no taller do pintor da Escola Sevillana José Gutiérrez Vale. Posteriormente segue debuxando no Círculo de Belas Artes de Madrid e asiste a varios cursos de arte actual. Nos anos 80 visita e estuda arte en París, Londres, Roma e Venecia.

A pintora é considerada como unha das mellores artistas que cultivan o realismo nos seus cadros ao óleo, polo seu preciso dominio do debuxo e a cor. A figura e o espido feminino foron sempre o reto para os artistas e Soledad Fernández abordouno sen medo; así como o estudo de "mans" e o tema de bodegóns.

Nesta exposición poderase apreciar a singular admiración que a pintora sente polo mestre Rogier Van der Weyden e en particular polo seu soado cadro El Descendimiento, a súa obra mestra que se mostra no Museo do Prado. Un óleo sobre táboa ao redor de 1433, adquirido por Felipe II para a súa capela do palacio do Pardo, no que a dor e sufrimento polo Crucificado morto reflíctese con mestría en cada unha das dez figuras representadas.

Desta clara admiración, a pintora malagueña pasou a dedicar unha homenaxe ao pintor flamenco, a través dunha espléndida recreación pictórica do tema da dor e o sufrimento humanos, pero sen o trasunto relixioso do pintor flamenco ante o Home que morreu, senón do descendemento un home que sufriu un accidente de traballo –probablemente unha caída da estada- e aparece na mesma pose do Crucificado descendido da cruz, ante familiares e amigos compungidos, que emulan a escena sacra do pintor Van der Weyden. Cun fondo de rañaceos citadinos, anónimos e grises, aparecen tamén dez figuras de distintos sexos, idades e vestimentas, que transmiten un pathos intenso de tristeza, quizais ante o irreversible.

Todo un xogo visual na pintura, que Soledad Fernández (Madrid, 1950) situou nunha tea grosa tipo Goya, 190 x 225 cm, que lle permite as calidades matéricas desexadas.

Fiel ao seu estilo realista, naturalista, a pintora escenificou os personaxes que rodean ao accidentado con modelos reais, nun estudo teatral perfecto, como o que levou a cabo o pintor flamenco. O gran cadro de Soledad Fernández é un dobre xogo, por unha banda, de homenaxe a Rogier Van der Weyden e, por outro, unha visión social dun drama que periodicamente golpea a vida de certos traballadores e as súas familias.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Homenaxe a Rogier van der Weyden, óleo sobre lenzo liño groso tipo Goya

Bosquexo. Óleo/táboa entelada

Boxquexo. Óleo/lenzo

Soledad Fernández é unha das máis cotizadas artistas da pintura realista española.