Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición de escultopintura e escultura "IDEAS FUXIDAS", de X. Rivada

Do 02/03/2017 ó 31/03/2017

Rivada mostra unha serie de obras escultóricas e o que el denomina escultopinturas, unha especie de cadros con tanto relevo e forma que ben podería conformar unha escultura ou ben unha escultura encaixada no lenzo dun cadro.

A exposición permanecerá aberta ata o 31 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Xosé Gómez Rivada é un dos artistas máis reputados da provincia de Ourense. Cunha traxectoria de case cinco décadas. Nacido en 1953 en San Cosmede (Lugo), con preto de corenta pezas situadas en espazos públicos, Rivada móstrase convencido de que a escultura e a arte en xeral deben saír á rúa e provocar emocións entre a cidadanía.

Desde hai moitos anos, entre os seus dous talleres, un en Tui e outro en Verín, traballa sobre case todo tipo de elementos, desde pedra, madeira, ferro ou bronce para crear arte. Home cosmopolita e inquieto, ademais do seu labor como artista, tamén promove e colabora en iniciativas de carácter cultural e realiza exposicións conxuntas con outros creadores.

Este artista verinés, aínda que actualmente fincado en Vigo ten obra diversificada por Europa e América, e traballou en talleres con moi variados artistas en países como Brasil, Arxentina, México, Venezuela, Uruguai e Estados Unidos.

Investigador matérico con capacidade para inventar esquemas rechamantes sobre diversos materiais ou con distintos elementos sobre os que aplica formas tan meramente familiares como as súas cigarrones, paisaxes imaxinarias ou mediorrelives, cheos de intensidade e cor que conforman as súas características escultopinturas.

A obra deste artista é unha loita e un diálogo constante coa materia, que lle permite expresar todo aquilo que lle obsesiona. Detrás da súa produción artística podemos adiviñar influencias diversas, entre as que estarían o movemento informalista, o seu interese pola obra de Picasso, Rivera, Milleiros, grupo El Paso... tamén está latente na súa produción a idea da arte óptica.

O amor, e máis concretamente hedonismo e o erotismo, e outras vertentes relacionadas como a maternidade, o mar, o multiculturalismo (África, Exipto, os Aztecas,...), a natureza, a persoa, a música, o tempo e o espazo, configuran as temáticas que aborda desde moitos puntos de vista, técnicas e materiais. Na pintoescultura de Rivada combínanse colaxes, óleos, fundicións, lenzos e técnicas mixtas, botando man dos materiais máis diversos, especialmente o ferro, o bronce, combinación perfecta de temas e técnicas.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

"PEIXE" - Escultura en mármore

"MENIÑA" - Escultura en pedra

"MAREA NEGRA" - Escultopintura

Rivada é fillo e neto de artesáns, grazas aos cales naceu a súa paixón pola arte na súa Galicia natal.