Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición de infografías e videoanimacións "OS HABITANTES DE GAIA", de Loreto Blanco Salgueiro

Do 07/11/2017 ó 30/11/2017

A artista forma parte dese gran círculo de mulleres sensitivas capaces de captar vidas invisibles; as enerxías que flúen e constitúen mundos abertos aos que conectamos a través dun limiar psíquico. As súas obras constitúen documentos visuais para o estudo dunha teoría da creatividade auténtica, aquela que concede gran valor a unha viaxe arriscada ao interior psíquico do que non hai mapas nin instrucións.

A mostra poderá visitarse ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Loreto Blanco Salgueiro é licenciada e doutora en Belas Artes pola Universidade do Pais Vasco. Desde 1993 e ata a actualidade Profesora na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Actualmente atópase desenvolvendo dúas series: Los Habitantes de Gaia (Seres da natureza) e Retratos postas de luz, onde investiga relacións da natureza co ser humano, así como as conexións que posibilita a arte e a imaxe entre os aspectos emocionais, psicolóxicos e espirituais, mediante a cor, a imaxe e mesmo o terapéutico.

A natureza como ser vivo obsérvanos, desvélase e desvélanos, descóbrese e descóbrenos, penétranos, abrázanos, nos sobrecoge, arrepíanos, acóuganos e tamén nos inquieta, lémbranos quen son, ábrenos a dimensións e relacións novas, inexistentes na nosa rutina diaria, no noso vertixinoso rítmo vital. A Natureza nos sa.

Os seres da natureza, os habitantes de Gaia, tan só móstranse cunha mirada lenta e atenta. Seres do aire, da terra, da auga, do lume, dos bosques, seres do universo, cada un coa súa personalidade, ofrecendo unhas calidades e unha función específicas, un diálogo único.

As obras que compoñen o gran poema visual dos habitantes de Gaia, infografías en cor, transmiten nos títulos e as imaxes un mundo oculto, sobrenatural. Un espazo sen fronteiras temporais, onde recoñecernos a través da paisaxe e os seus habitantes. Todas estas presenzas luminosas aparecen no xesto de duplicar a imaxe fotográfica cun efecto de espello confrontado.

Exposicións individuais destacadas: 1984 Casa de Cultura de Vigo. 1988 Galería Kaska e Windsor.

Bilbao. 1989 Aula de Cultura da Caixa de Aforros Municipal de Bilbao. 1991 Galería Bacelos. Vigo // Galería Vanguardia: "Pinemas". Bilbao. 1994 Galería Bacelos: "Espreitas".Vigo. 1998 Galería Bacelos: "Xente Miúda". Vigo. 2000 "Cosmos" Abarca de Campos, Palencia. Museo La Fábrica. Creación dunha escultura permanente no xardín exterior // Galería Bacelos: "Luces". Vigo. 2005 Galería Bacelos: "Peticionarias". Vigo // Galería Windsor: "Peticionarias". Bilbao. 2010 O pesado é a raíz do leve. Art Next Galería de Arte. Vigo. 2013 Seres da Natureza. Balneario de Almeida (Zamora).



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Syantda - Infografía, medidas variables, 2013

Sonto - Infografía, medidas variables, 2017

Ainha - Infografía, medidas variables, 2013

LORETO BLANCO SALGUEIRO