Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición de pintura "ALBORADAS", de Dolores Guerrero

Do 04/04/2017 ó 28/04/2017

Mostra caracterizada por unha técnica impecable, dunha factura coidada, esmerada. As gradacións tonais, os matices líricos de brancos, violetas, verdes e ocres, enchen a superficie do lenzo, que se converten nos verdadeiros protagonistas da súa obra artística.

Poderá visitarse ata o 28 de abril, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Dolores Guerrero naceu en Lugo, España. É pintora. Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. É Académica Asociada da Academia Internazionale "Greci Mariño" Academia do Verbano, dei Lettere, Arti, Scienze. Italia. É delegada en Lugo da Asociación Española de Pintores e Escultores.

Foi galardoada coa medalla de prata e o diploma de honra no VIII Salón de Inverno de Barcelona. Participou en feiras internacionais como "Arte Nim" Nimes ( Francia ) e na feira internacional Frankfurter Burchmesse, Frankfurt (Alemaña). Foi seleccionada no certame "Os Socios no seu Centenario" Cen Anos da Asociación Española de Pintores e Escultores; así como no Certame Internacional "Por Terras de Castela A Mancha" Museo de Valdepeñas, Cidade Real. Varios dos seus poemas forman parte da Antoloxía Poética Ilustrada "A Cor da Miña Alma" editada en Figueira da Foz, Portugal (2016). O seu autorretrato está incluído no libro editado pola Asociación Española de Pintores e Escultores "Autorretratos" 2016

Dolores Guerrero expuxo a súa obra en diferentes lugares da xeografía española como Madrid, Barcelona, Biscaia, Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Cidade Real, Lugo, e noutros países como Francia, Alemaña e recentemente en diversos lugares de Portugal: Figueira da Foz, Coimbra, O Porto e Setúbal.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Dolores Guerrero interpreta o mundo, transfórmao sempre en clave poética e suxestiva, levándonos cara aos confíns da súa plástica poética e intimista.