Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición de pintura de ANTONIO MARTÍNEZ (CACHI)

Do 09/01/2018 ó 31/01/2018

Este artista da color presenta unha colección de lenzos que son o resultado dun traballo incansable, froito da observación na procura da esencia, da simplicidade. O visitante poderá contemplar a sutileza do seu mar, do seu río, das súas pedras, en definitiva, do seu mundo ata o 31 de xaneiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Nacido no barrio guardés chamado La Robaleira, Antonio Martínez (Cachi) cultivou a paixón pola pintura desde moi novo. A súa contorna mariñeira influíu decisivamente na súa pintura. Cursou estudos de delineante en Vigo e en 1979 realizou a súa primeira exposición de óleos.

As súas obras son unha linguaxe co observador, unha invitación, un agasallo para os ollos, tenta captar cunha pincelada exacta ese momento máxico que lle proporciona a natureza, ese diálogo persoal que ten coas cores da vida, que lle motivan a buscar con sensibilidade, serenidade e firmeza esa obra máxica.

O artista pon a alma en cada unha das súas obras, en cada pincelada, en cada trazo de cor, deixándoa atrapar en mil tonalidades. A cor é, pois, a súa linguaxe.

Considera que a súa obra non lle pertence exclusivamente a el senón tamén ao espectador que a contempla e a observa con intelexencia.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

"RETRATO DA MIÑA AVOA" - Pastel - 62 x 48 cm.

"RÍO MIÑO GOIÁN" - Óleo - 73 x 92 cm.

"RÍO ARAUXO O ROSAL" - Óleo - 100 x 80 cm.

Antonio Martínez (Cachi)