Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición de pintura "Liberación pola color", de Luisa e Conchita (Concetta) Paz Montenegro

Do 10/01/2018 ó 31/01/2018

A relación que une ás pintoras Luisa Paz e Conchita Montenegro vai moito máis alá da súa vinculación fraternal. A súa visión da pintura, lonxe a nivel de estilo, achégase aos poucos a través do concepto da cor e da súa responsabilidade por mostrar contornos, lugares e paisaxes dunha maneira diferente e comprometida. A exposición poderá contemplarse ata o 31 de xaneiro en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

LUISA PAZ MONTENEGRO é Técnico Superior en análises clínicas. A súa formación artística é considerable. Ten o título de Cerámica Artística pola Escola de Arte e superior de Deseño, Ramón Falcón (Lugo). Moitos anos de traballo en talleres de pintura e gravado, cursos e diplomas impartidos pola Deputación de Lugo e por gravadores suramericanos e holandeses. Recibiu dúas mencións de honra en pintura. Colabora co Museo Provincial de Lugo e foi secretaria da Asociación de Artistas Plásticos de Lugo.

A súa obra é un tanto vitalista, tanto na forma como en uso da cor, que nos suxire formas figurativas e abstractas á vez, tentando reflectir aquilo que xorde en interior do mundo onírico que existen nas súas obras.

A pintora móvese con solvencia temática polos camiños marabillosos do impresionismo-expresionismo-abstracto con tendencia cara á expresividade pictórica.

Luisa Paz Montenegro tenta que o espectador, coa súa intelixencia fina e repleta de sensibilidade, experimente unha sensación que lle transmita cara ao seu interior e capte, con optimismo, nas formas reflectidas nos lenzos, a rotunda desa explosión de cor que percibimos coa contemplación da obra. Atende a un concepto fauvista da pintura. Vermellos, azuis, laranxas ou amarelos esparexidos con firmeza e paixón.

Participou nun número importante de exposicións colectivas e individuais por toda España. A súa obra está presente en numerosas coleccións particulares e institucionais.

CONCHITA PAZ MONTENEGRO é profesora de Lingua Galega. Técnica de Artes Plásticas e Deseño en Serigrafía Artística, Técnica Superior de Artes Plásticas e Deseño en Gravado e Técnicas de Estampaxe, Técnica Superior de Cerámica Artística e profesora de pintura e gravado Club Mundo senior de Arte. Museo de Lugo.

Seleccionada para os Proxectos Abertal e Entolearte. Museo de Lugo. Deseño e estampaxe de gravados para o IES ANXEL FOLE. Lugo.

É autora do libro de poemas " Latexos". Colabora en revistas e prensa. Ten obra na Revista Lucense de Creación Poética " Xistral" (2014-2015-2016-2017) e obra poética en "UN LIBRO DE LIBROS" - " Mesturas" - " Literarte" - " Roteiro das artes".

Conchita Montenegro asegura que «toda obra que un artista reflicte é produto dunha percepción que adquiriu por algo exterior, pola vista, o oído, o olfacto, penetrou no seu interior. Hai unha variedade temática que responde ás distintas modalidades, cousas íntimas, que saen ao exterior en forma plástica». A artista resalta o seu interese polo espido e a pintura figurativa pero no seu mundo pictórico confesa que todo lle interesa.

 



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

"NON MATARÁS!", de Conchita (Concetta) Montenegro - Acrílico sobre lenzo/ "NÚA 01", de Luisa Paz- Acrílico

"FORZA LATENTE", de Conchita (Concetta) Montenegro. Acrílico sobre lenzo.

"PRAZA MAIOR", de Luisa Paz - Acrílico/lenzo

Luisa e Conchita Paz Montenegro