Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición de pintura e escultura "30 ANOS DE TRIBUTO A GALICIA", de Yolanda d'Augsburg

Do 04/04/2018 ó 27/04/2018

Pintora/escultora e escultora/pintora, funde principios de ambas as artes, obsesionada polo cromatismo e a iluminación, o volume e a forma.

As súas obras, que son o resultado dunha concepción moi peculiar, indubidablemente explosiva e vital, plena de entusiasmos, poderá visitarse ata o 27 de abril, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Tal e como manifesta o Dr. Juan J. Luna, prologuista do catálogo desta exposición "as súas pinturas, dotadas de excepcional dinamismo, mercé ás súas cores e á riqueza de pastas, semellan baixorrelevos fugaces, postos a proxectarse máis aló dos seus marcos, coma se estes actuasen a modo de barreira que lles impiden ir tan lonxe, como as ansias de infinito da autora propoñen.

A última fase da produción escultórica e pictórica de Yolanda d'Augsburg, vén ser unha culminación da súa experiencia e, ao tempo, unha especie de mensaxe autobiográfica. Alcanza así un nivel tal de harmonía, entre creación persoal e visións tradicionais, que esa feliz relación, establecida entre tempos e formas, acaba por converterse na protagonista de cada obra.

Á mantenta, poden sinalarse creacións precedentes, de maneira fundamental, e que nos ocupa neste tributo a Galicia, os seus soados monumentos que conforman a triloxía do Camiño de Santiago, en Lavacolla, no Monte do Gozo e na entrada do Camiño Francés.

Cando se move no difícil ambiente da escultura, demostra unha peculiar intelixencia plástica baseada nunha contundencia nada do vigor dos volumes e a xubilosa preocupación por transmitir a sensación de vida, unhas veces puramente material e outras decididamente espiritual.

Yolanda d'Augsburg, no seu afán de perfección e dominio da técnica, leva a arte de esculpir, a extremos que lindan coa máis severa austeridade formal, con todo posuír un revestimento de iluminación e cromatismo moi persoal. Cando Yolanda d'Augsburg alcanza unha das súas cimas é o momento en que, con valentía e audacia, afronta a realización de seres divinos ou personaxes santificados pola Igrexa."

Comezou a aprendizaxe artística na súa cidade natal, Río de Xaneiro, Brasil. Medalla de Ouro de Pintura en Belas Artes e Bolsa de estudos para Universidade de Roma. En Roma estuda Historia da Arte e traballa co escultor Giacomo Manzú. En Florencia e Venecia continúa o curso de Belas Artes e doutórase en "Arte Etrusca".

En España investiga sobre Goya e Velázquez e cursa por segunda vez Belas Artes, na Escola de Belas Artes de San Fernando en Madrid.

Frecuenta cursos de perfeccionamento de técnicas escultóricas na Escola de Belas Artes de París. Gaña o Premio da UNESCO de París coa obra "Mujer de Otoño".

Inaugura en 1983 o Monumento "Raíces y Lazos por la Paz" nos xardíns da O.N.U. A súa escultura de "Santa Teresa de Ávila" é escollida, en 1982, como regalo ao Papa Juan Pablo II na súa visita a Ávila. En 1989 realiza, baixo o encargo de SS.MM. os Reis de España, a escultura de "Santiago Apóstol", para regalo ao Papa Juan Pablo II na súa visita a Santiago de Compostela con motivo da segunda Xornada Mundial da Xuventude. En 2008  imparte conferencias sobre o Camiño de Santiago nas cidades de Río de Xaneiro, Brasilia, São Paulo e Oporto.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes