Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición de Pintura, Escultura, Debuxo, Gravado e Máscaras "NATUREZA VIVA", de Jane Danko

Do 07/09/2017 ó 30/09/2017

A artista tenta plasmar imaxes que reflicten o que existe na nosa memoria colectiva primixenia, o que sabemos pero que non conseguimos articular, o que, ao velo, nos conduce cara ao coñecemento intuitivo que permite recoñecelo, nunca véndoo antes, e que nos fai capaces de responder a través do puro instinto.

A mostra poderá visitarse ata o 30 de setembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Afincada en Cedeira desde o ano 2000, a texana-galega Jane Danko plasma na súa obra a súa inquietude por explorar a memoria colectiva do ser humano, a cal busca na propia natureza que nos rodea

Nacida nas beiras do río Sabine e o seu pantano, alí creceu, coleccionando insectos e serpes, debuxando o seu querido pantano, e facendo esculturas coas raíces dos cipreses que poboaban o terreo pantanoso.

Hoxe en día segue explorando os temas eternos e universais que, aínda que non son tan claramente articulados, sen dúbida existen na nosa memoria colectiva primixenia porque ao velos recoñecémolos no máis profundo do noso ser.

Formouse na Universidade Ibero-Americana, México, D.F.: Antropoloxía e Política; no Dominican College, Houston: grao en Filoloxía e Literatura; na University of Houston: grao en Belas Artes e en Educación Bilingüe; no Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC), Betanzos; e no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (MACUF), A Coruña.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

"Medusa". Técnica mixta

"Legado". Técnica mixta. 70 x 50 x 19 cm.

"Os lobos de Asturias". Xilografía. 29 x 29 cm.

"Rúa da cerería pola noite". Técnica mixta sobre lenzo. 140 x 100 cm.