Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición de pintura "HORIZONTES DE MAR E MEMORIA", de MARISA REDONDO

Do 04/07/2017 ó 28/07/2017

Trátase dunha mostra inspirada en motivos mariños e relacionados coa natureza, que poderá visitarse ata o 28 de xullo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

 

Marisa traballa con texturas en todos os seus cadros. Cores atrevidas, unha superposición de capas, de planos, fai que o efecto visual das súas obras semelle, en moitos casos, as tres dimensións e tamén fai que os relevos sexan máis marcados e realistas, cunha sensación de forza expresiva, de atrevemento.

Redondo asegura ter as súas dúas etapas como profesional: unha primeira máis abstracta e agora unha segunda máis realista.

Posuidora dunha afección latente pola arte durante toda a súa vida, as súas obrigacións docentes impídenlle desenvolverse como artista, pero no ano 2005 a súa vocación e a súa tenacidade fana decidirse por fin a dar un paso adiante e comeza a súa formación plástica no taller de Guillermo Pedrosa, co que continúa traballando na actualidade. Desde entón, á vez que progresa no seu adestramento, vén realizando diversas mostras en espazos expositivos onde a súa obra é recoñecida pola súa alta calidade técnica e o seu innegable encanto.

EXPOSICIÓNS:

 2012 "MODUS OPERANDI" Sala de exposicións do Auditorio de Vilagarcía de Arousa. Pontevedra.

 2015 "ALGO DE MAR" Club Náutico San Vicente do Mar. Pontevedra.

 2015 "COLOREANDO ATMOSFERAS" Sala Rivas Briones, Vilagarcía de Arousa. Pontevedra.

 2016 "MASTROS E ESCUMA" Club Náutico San Vicente do Mar. O Grove, Pontevedra.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

"REFLEXOS EN CALMA" - Mixta/Lenzo. 80 x 100 cm.

GALERNA III - Mixta/Lenzo. 80 x 80 cm.

"ESBOZO DUNHA REALIDAD" - Mixta/Lenzo. 80 x 80 cm.

A pintora Marisa Redondo