Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición de pintura "NOVA TERRA NOVA INSPIRACIÓN", de HOWARD ROSS

Do 05/12/2017 ó 30/12/2017

Este pintor canadense, fincado en Pontevedra, presenta unha colección de cadros a través dos cales trata de provocar sensacións fortes, as sensacións que xorden a partir da cor, a luz e a textura. A mostra poderá visitarse ata o 30 de decembro, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas. 

Howard Ross é un pintor de orixe canadense que agora vive en Pontevedra. Diplomado en Belas Artes na Universidade de Arte e Deseño de Toronto. É artista profesional desde 1985, o seu traballo foi principalmente figurativo cunha tendencia cara á abstracción. Só recentemente comezou a experimentar coa abstracción pura. Trata de provocar sensacións fortes cos seus traballos, as sensacións que xorden a partir da cor, a luz e a textura.

Exhibiu a súa arte tanto en exposicións individuais como colectivas. As súas obras están en coleccións particulares en Estados Unidos, Chile, Francia, Italia, Alemaña, Xapón, Portugal, España, Nova Zelandia, Australia e Canadá. Actualmente vive en Pontevedra

Armando Martínez, escultor e mestre canteiro, e prologuista do catálogo desta exposición preséntanos a Howard Ross como un pintor que pretende coa súa obra "un desexo de procura constante de si mesmo para trasladala a unha tea, unha obsesión pola cor que o fai viaxar entre dous mundos, os clásicos, coas súas cores fortes, o seu romanticismo e a pintura actual, no intento de lograr unir a súa propia existencia. Figuras que xorden da bruma como un renacer a unha nova vida, noites escuras, lume, animais que xogan coa cor e a súa contorna, rituais e danzas doutros tempos conforman os seus cadros. É en si mesmo un creador, un autodidacta empeñado en non conformarse con arquetipos, a súa pintura na súa orixinalidade é a súa propia creación, por tanto única no seu propio concepto e estilo."



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

"Walking the dog 1" - Óleo sobre madeira, 41 x 60 cm.

"They wave their flags (Simia haereticus) - Óleo sobre madeira, 65 x 50 cm.

"Dancing fool 4" - Óleo sobre madeira, 50 x 65 cm.