Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Exposición de pintura "MEIGAS BOAS", de Jaime Galdeano

Do 01/03/2017 ó 31/03/2017

O artista presenta unha mostra variada de técnicas pictóricas realizadas mediante procedementos plásticos entre os que conviven acuarela, óleo, acrílicos e técnicas mixtas, recollidos en pequenos ou grandes formatos.

Estas obras, destinadas a acompañar aos textos do seu libro "Meigas Buenas", poderán contemplarse ata o 31 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Considerado como un reputado acuarelista e paisaxista, JAIME GALDEANO é pintor, debuxante, cartelista, comentarista de arte, ilustrador e profesor da Agrupación Española de Acuarelistas, facetas todas elas que participan da idea de ser un artista total, non un pintor dun só cadro.

Galdeano formouse co mestre José Manau, discípulo de Sorolla, a Escola de Cerámica da Moncloa, e a Agrupación Española de Acuarelista, da que foi o seu vicepresidente durante catro anos, presidente ata 2016 e hoxe presidente de honra. Segue nas súas clases como profesor de Creatividade Plástica.

En 1966, en concurso nacional, prémiase unha das súas obras que é reproducida como portada do Catálogo Xeral da Feira Nacional do Libro.

De 1971 a 1977 deseña caseta para as Feiras do Campo e da Construción de Madrid, achegando non só pinturas murais senón tamén unhas esculturas en ferro. O seu traballo é premiado con dúas medallas de prata e tres de bronce.

Ademais, dentro da década dos 70, colabora como debuxante e cartelista da Asociación Española Contra o Cancro. Un dos seus traballos, ampliado a 16 metros de altura por 12 de ancho, instálase na confluencia da Gran Vía de Madrid coa rúa Alcalá. (Hoxe edificio Metrópolis). Nesta década inclúeselle na Asociación de Xornalistas Profesionais de México como correspondente en Madrid do xornal "Correograma". O seu labor céntrase en temas de arte.

Na década dos 80 acepta traballar como profesor na AEDA e funda as clases de creatividade (1983). Non expón  nestes anos individualmente, salvo en 1987.

A partir de 2006, e en sucesivos é convidado a compartir vivencias pintando do natural no Pazo de Mariñán, A Coruña, Betanzos, Culleredo, Brión, Porto do Son, ribeiras do río Pego, Bastavales, etc. Convivindo, así mesmo, veladas cos seus amigos os poetas Xulio Valcárcel, Carlos Pereira, Fernández Lanuxe e a inspirada e intelixente poetisa Eva Veigas.

Entre exposicións individuais e colectivas superou o medio centenar. As súas obras foron seleccionadas para diversos encontros tanto en España como en Italia, Suecia, Corea do Sur, México, Colombia, Venezuela e Estados U



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

LA MADRE - 116 X 89 cm (jade)

MEIGA FLORENTINA - 73 x 54 cm (mixta)

DESTINO - 130 X 87 cm

Jaime Galdeano (Madrid, 1930) presenta unha colección de ilustracións en técnica mixta, que son pretexto para as súas reflexións poéticas, filosóficas ou humorísticas.