Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

<< marzo, 2017 >>
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Hoxe

Non hai eventos.

Próximos eventos

Inauguración da exposición de Pintura, Escultura, Debuxo, Gravado e Máscaras "NATUREZA VIVA", de Jane Danko

07/09/2017 19:30
"Rúa da cerería pola noite". Técnica mixta sobre lenzo. 140 x 100 cm.

A artista tenta plasmar imaxes que reflicten o que existe na nosa memoria colectiva primixenia, o que sabemos pero que non conseguimos articular, o que, ao velo, nos conduce cara ao coñecemento intuitivo que permite recoñecelo, nunca véndoo antes, e que nos fai capaces de responder a través do puro instinto.

A mostra poderá visitarse ata o 30 de setembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

 

Inauguración da exposición "ARQUITECTO DANIEL VÁZQUEZ GULÍAS MARTÍNEZ"

11/09/2017 19:30
O arquitecto ourensán, Daniel Vázquez-Gulías.

Trátase dunha exposición que dá a coñecer unha parte da obra do arquitecto ourensán Vázquez-Gulías, así como dos seus obxectos persoais.

A mostra celébrase coa colaboración do Centro Cultural Daniel Vázquez Gulías M., que ten como obxectivo a promoción e difusión da obra realizada por Daniel Vázquez Gulías tanto a nivel arquitectónico como documental, industrial e material.

Eventos recentes

Celebración do "DÍA DE GALICIA EN MADRID"

13/07/2017 19:30

Con este acto, a Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia pretende solemnizar institucionalmente a festa do Apóstolo Santiago na nosa Comunidade Autónoma.

Inauguración da exposición de pintura "HORIZONTES DE MAR E MEMORIA", de MARISA REDONDO

04/07/2017 20:00
"ESBOZO DUNHA REALIDADE" - Mixta/Lenzo. 80 x 80 cm.

Trátase dunha mostra inspirada en motivos mariños e relacionados coa natureza, que poderá visitarse ata o 28 de xullo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Participará no acto de inauguración Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia.

 

Presentación do cadro "PITA DA VEIGA EN PAVÍA", de Augusto Ferrer-Dalmau, con posterior entrega ao Rexemento Pavía

29/06/2017 19:30
O cadro "PITA DA VEIGA EN PAVÍA", de Augusto Ferrer-Dalmau

Ferrer-Dalmau dedica este lenzo ao heroe Alonso Pita da Veiga, ferrolán que ás ordes do Conde de Andrade terá un papel primordial na Batalla de Pavía (1525), ao ser o captador do Rey de Francia Francisco I e rescatar a Cruz de San Andrés.

No acto intervirán, ademais do artista, Francisco Javier Varela Salas, Xefe do Estado Maior do Exército de Terra; Joaquín Pita da Veiga, almirante da Armada Española; e María Fidalgo Casares, doutora en Historia da Arte e especialista en Ferrer-Dalmau.

Rolda de prensa-presentación dos actos programados do ARDE LVCVS MMXVII

28/06/2017 12:30
Cartel do ARDE LVCVS 2017

Os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo  o visitante poderá mergullarse na vida de Lvcvs Augusti, destacada urbe e unha das capitais administrativas da Gallaecia romana e percorrer o seu recinto amurallado, onde gozará dun pasado máis vivo que nunca.

Intervirá no acto a concelleira de Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.

Presentación de "AMORIS PEREGRINUS" torta e degustación de produtos gastronómicos de excelencia galega OUSÁ

27/06/2017 12:30
Tapa da caixa orixinal e única de presentación, asinada por María Carretero, onde aparece o símbolo da obra do Peregrino

Trátase dun novo concepto gastronómico de excelencia, que se presenta inicialmente como torta e produto de alta pastelería, elaborado polos mellores artesáns lucenses como é Panadería e Pastelería OUSÁ. 

No acto intervirán: María Carretero, artista internacional; Ángel Lameiro, empresario e produtor de OUSÁ; Antonio Celeiro, coordinador de OUSÁ; ademais tamén participarán os seguintes invitados: Javier Gila, sumiller, wine adviser, presidente da Asociación Madrileña de Sumilleres; e Pepa Carretero, xornalista e delegada de Castela-A Mancha Televisión en Madrid.

Conferencia de Carlos Mella Villar, presidente da Fundación Castelao: "CASTELAO: EXISTENCIA E PRESENZA POLÍTICA"

26/06/2017 19:30
Alfonso Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 - Bos Aires, 1950)

Debuxante, humorista gráfico, teórico da arte, escritor e político, Castelao é o referente indiscutible da cultura galega do século XX. O seu labor foi decisivo na conformación da arte, da narrativa e do rexurdir de Galicia mediante a acción política nacionalista.

Desde o exilio defendeu o Estatuto de Autonomía para Galicia e os dereitos do noso pobo mediante o Consello de Galiza. Nese labor intelectual destaca o seu ensaio político Sempre en Galiza.

CICLO "MEDICINA E HUMANIDADES". Conferencia "O modelo sanitario galego", por Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia

22/06/2017 19:30

Esta conferencia forma parte do Ciclo "MEDICINA E HUMANIDADES", organizado pola Asociación de Médicos Gallegos (ASOMEGA) xunto coa Previsión Sanitaria Nacional (PSN).

Dirixe e coordina o Ciclo o Dr. D. Julio Ancochea Bermúdez, presidente da Asociación de Médicos Gallegos en Madrid (ASOMEGA).

Recital de guitarra e voz "CANTARES", polo cantautor orensán Emilio Rúa

21/06/2017 19:30
Contraportada do disco

Emilio Rúa, cantautor galego con máis de trinta anos de traxectoria musical, interpretará temas procedentes de "Cantares, poesía galega", o seu último traballo discográfico, que acaba de gañar o premio a Mellor álbum en galego nos Premios Min da Música Independiente.

O recital é unha homenaxe á poesía clásica, poemas de ilustres das letras galegas como Álvaro Cunqueiro, Curros Enríquez ou Rosalía de Castro, pero que tamén recolle poemas de autores de hoxe, como Manuel Rivas. 

Conferencia "HISTORIA DA GAITA E GAITAS DO MUNDO", por Fernando Molpeceres Álvarez, mestre gaiteiro pola Real Banda da Deputación de Ourense

19/06/2017 19:30

O acto celébrase en colaboración coa Asociación de Música e Investigación Albedro e a súa Banda de Gaitas "Lume de Biqueira".

Mesa Redonda. "A crise medioambiental no horizonte 2020", organizada por AEGAMA

15/06/2017 19:30

Intervirán: José Cerdeira Taboada, enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos; Casimiro Masaguer Rodríguez, vicepresidente de AEGAMA; e Rafael Sánchez Rivera, enxeñeiro consultor en Eficiencia Enerxética.

O acto celébrase con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.