Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Inauguración do XII Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudios Gallegos

Data 10/09/2018 11:00

O Congreso celebrarase do 10 ao 15 de setembro na Facultade de Filoloxía da Universidade Complutense de Madrid (UCM), e nel participarán máis de douscentos especialistas en estudos galegos de diferentes universidades europeas e americanas.

 

A Asociación Internacional de Estudos Galegos, coa súa proposta de congreso "Novos horizontes para unha Galicia global: Redes, Territorio e Memoria", espera converterse nun punto de encontro e foro de discusión para a investigación sobre a lingua, a cultura e a historia de Galicia.

Baixo as tres amplas nocións sobre as que se artella, para alén de apostar pola investigación básica e os traballos de disciplinas consolidadas, agárdase que este congreso, que se inaugura na Casa de Galicia en Madrid, atraia desde as novas xeracións de investigadoras/es cos seus primeiros contributos ata as/os especialistas máis consolidadas/os, acollendo traballos interdisciplinares ou propostas innovadoras de todas as partes do mundo.

Este XII Congreso Internacional da AIEG organízase en torno a diferentes sesións de traballo e difusión: relatorios, paneis, mesas e sesións plenarias, todas elas formuladas consonte os diversos enfoques ou ámbitos de estudo propostos. Doutra parte, tamén quérese fomentar a participación e implicación da mocidade investigadora, organizando varias actividades culturais.



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes