Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación do libro "PINTURA Y FOTOGRAFÍA EN EL SIGLO XIX. UNA APROXIMACIÓN AL ARTE DE DIONISIO FIERROS", de Celia Castro Fernández, publicado por Hércules de Ediciones

Data 20/09/2018 19:30

O presente traballo demostra a estreita relación que existiu entre a pintura e a fotografía no século XIX en España, e rastrexa a importancia que esta última tivo no proceso creativo de moitas das pinturas que hoxe coñecemos.

Un percorrido pola pintura e a fotografía do S. XIX, e en especial, pola obra de Dionisio Ferros, que abre novas vías para un estudo máis completo da arte novecentista.

Obviamente, a fotografía e a pintura son dúas técnicas moi distintas. Na fotografía, tras o obxectivo hai un individuo que a manexa, o ollo da cámara é fixo, aséptico e ás veces implacable, mentres que o pintor é máis subxectivo, máis sentimental, máis dependente dos cambios de humor e das tendencias, porque a pintura ten un carácter creativo e interpretativo que non sempre atopamos nestas primeiras fotografías. Proba diso é o caso de Dionisio Ferros, que en ocasións sérvese da fotografía como base, pero a partir dela crea e interpreta e as súas obras transcéndena, supérana, e os seus cadros vibran cheos de vida, cor e sentimento.

Dúas técnicas distintas, dous camiños diferentes para entender a realidade do século XIX e en definitiva, unha mesma intención que subxace en pintores e fotógrafos: o ser testemuñas fieis da actualidade.

Celia Castro é catedrática de Historia da arte na Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, de Lugo. É membro fundadora da Asociación de Amigos del Camino de Santiago, de Lugo, e da Asociación de Amigos del Camino Norte.

É autora do libro Estudio iconográfico y estilístico de los capiteles de la Catedral de Mondoñedo e de artigos en diferentes publicacións. Ademais ofreceu varias conferencias e participou en numerosas mesas redondas.

 



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada do libro, editado por Hércules Ediciones