Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación do libro, editado por Hércules de Ediciones, "GALEGOS UNIVERSAIS. INFLUENCIA DE GALICIA NO MUNDO"

Data 03/03/2017 12:00

O libro, coordinado polo xornalista Afonso Eiré, trata de dar resposta ás preguntas de se Colón era galego, quen foi Prisciliano e que importancia tivo na nosa historia, como o arcebispo Xelmírez logrou que Santiago se convertera nun centro de peregrinacións ou a relación do libertador Simón Bolívar con Galicia.

Participarán no acto de presentación Eduardo Esteban Meruéndano, presidente da Asociación Cristóbal Colón e co-autor da biografía de Cristóbal Colón; e Francisco Rodríguez Iglesias, editor.

 

A influencia de Galicia no mundo foi –e segue sendo- moi superior ao que tradicionalmente se nos fixo crer. Este libro inicia unha colección cuxo obxectivo último é arroxar luz sobre episodios e personaxes da Historia Universal e demostrar a súa decisiva vinculación con Galicia. Neste volumen, varios autores –especialistas en diversos campos do saber- analizan desde unha innovadora perspectiva as biografías de protagonistas da Historia como Prisciliano, Xelmírez, Cristóbal Colón, Simón Bolívar e Fidel Castro.

Os autores destas primeiras cinco biografías que aparecen no dito volumen son cinco coñecidos historiadores e investigadores: Victorino Pérez desvela a historia de Prisciliano; Manuel A. Castiñeiras relata o papel de Xelmírez na Europa do seu tempo; Eduardo Esteban e Aquilino Fariñas aportan os documentos que demostran que Cristóbal Colón era galego; Xurxo Martínez fala da galleguidade de Simón Bolívar, a Afonso Eiré entra a fondo nas relacións e sentimentos de Fidel Castro coa terra do seu pai.

 



Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes

Portada do libro