Atención ó cidadán

Delegación Administrativa e Centro de Información
 

A Casa de Galicia funciona a tódolos efectos coma unha Delegación Administrativa e coma un Centro de Información e Atención ó Cidadán.

O Servizo de Atención ó Cidadán ofrece todo tipo de información  sobre materias competencia da Xunta de Galicia, xestiona os procedementos administrativos (Diario Oficial de Galicia), convocatorias de bolsas, subvencións, axudas, etc.

A Casa de Galicia en Madrid, a través deste servizo, cumpre así co obxectivo de atender e canalizar as demandas dos cidadáns, facilitando orientación e información xeral sobre:

* Diario Oficial de Galicia, departamentos, estructura orgánica, etc
* Procedementos administrativos: convocatorias de bolsas, subvencións, axudas, etc.
* Expedentes administrativos iniciados polos cidadáns: Situación actual e pasos pendentes ata a súa resolución.
* Conta con un Rexistro de entrada de documentación.
* Compulsa de documentos.
* Recepciona iniciativas ou suxerencias dos cidadáns.

¿CÓMO CONTACTARNOS?

A través dos seguintes medios:

Presencial: Calle Casado del Alisal, nº 8 -  28014 Madrid

Teléfono: 91 5954229 e 91 5954200 - Horario: De luns a venres, de 9 a 14:00 horas.

Correo electrónico: casa.galicia@xunta.es

A Casa de Galicia en Madrid realiza un seguimento periódico da calidade da atención prestada e conta con un sistema de aseguramento de calidade da información que ten como obxeto, tanto a integridade das bases de datos, como a actualización da información que nelas se contén.