Condicións e termos de uso do portal web da Casa de Galicia

Propiedade intelectual

A Casa de Galicia é titular do dominio de internet de segundo nivel casadegalicia.xunta.es.

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración Autonómica de Galicia.

Con estas páxinas preténdese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás iniciativas e servizos da Casa de Galicia, facilitando aos cidadáns o acceso á cultura e noticias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cláusula de exención de responsabilidade

O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non sustitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuaran os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Casa de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se atope totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletíns oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.

A Casa de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Administración da Casa de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas ás que se fai referencia na web.

A Casa de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Reprodución

A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.

Buzóns de correos de correo

A Casa de Galicia non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través das distintas direccións de correo electrónico que aparecen nestas páxinas, salvo as do propio departamento. A información obtida a través dos buzóns de correos contidas nestas páxinas ten carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivarse dela efecto xurídico vinculante algún.

Servizo

Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume responsabilidade algunha respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta das presentes páxinas.

Recomendacións de acceso

A Casa de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Netscape Navigator, Mozilla e derivados (Firefox), Opera, Google Chrome, Internet Explorer, Safari, etc.

En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla de, como mínimo, 1024 x 768 pixels.

Termos de uso

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou información ofrecida.

Privacidade

A política de privacidade da Casa de Galicia baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos da web.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informáticamente ou se arquivarán co consentimento do cidadán, quen ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que os mesmos sexan exactos e que se utilicen para a fin que se recollen, coas excepcións contempladas na lexislación vixente.