Fondo documental

Cadros, libros, fotos e DVDs

Ofrecémosche un interesante arquivo multimedia no cal podes localizar documentación e información especializada sobre Galicia en diferentes soportes. As áreas son variadas: cultura, historia, música, gastronomía, artistas, escritores, empresas, turismo, etc.

Biblioteca

Na actualidade dispoñemos de aproximadamente 7.000 libros e publicacións, todos eles ó teu dispor, mediante consulta ou préstamo.

Videoteca

Todos os actos públicos desenrolados na Casa de Galicia en Madrid foron gravados. Superan os 2.000 entre conferencias, presentacións de libros, exposicións, promocións turísticas e empresariais, etc. Para garantir a súa conservación, na actualidade estánse transformando a formato dixital os máis antigos que, no seu momento, foron grabados en formato VHS.

Pinacoteca

Pódes atopar información detallada sobre os artistas que teñen obra na colección permanente da Casa de Galicia en Madrid.