¿Podémosche axudar?
Saúdo do director

A miña cordial e afectuosa benvida ao noso sitio na rede a todos os galegos e aos que, sen selo, aman a nosa cultura, as nosas tradicións, a nosa paisaxe e a nosa hospitalidade. Aquí teñen a súa casa. Ler máis

Exposicións

Exposición de pintura "MEIGAS BOAS", de Jaime Galdeano

Ata o 31/03/2017
LA MADRE - 116 X 89 cm (jade)

O artista presenta unha mostra variada de técnicas pictóricas realizadas mediante procedementos plásticos entre os que conviven acuarela, óleo, acrílicos e técnicas mixtas, recollidos en pequenos ou grandes formatos.

Estas obras, destinadas a acompañar aos textos do seu libro "Meigas Buenas", poderán contemplarse ata o 31 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Exposición de escultopintura e escultura "IDEAS FUXIDAS", de X. Rivada

Ata o 31/03/2017
"PEIXE" - Escultura en mármore

Rivada mostra unha serie de obras escultóricas e o que el denomina escultopinturas, unha especie de cadros con tanto relevo e forma que ben podería conformar unha escultura ou ben unha escultura encaixada no lenzo dun cadro.

A exposición permanecerá aberta ata o 31 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Axenda

marzo 2017

Hoxe

Non hai eventos.

Próximos eventos

Inauguración da exposición de pintura "ALBORADAS", de Dolores Guerrero

04/04/2017 19:30

Mostra caracterizada por unha técnica impecable, dunha factura coidada, esmerada. As gradacións tonais, os matices líricos de brancos, violetas, verdes e ocres, enchen a superficie do lenzo, que se converten nos verdadeiros protagonistas da súa obra artística.

Poderá visitarse ata o 28 de abril, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Inauguración da exposición de fotografía "Viaxe polos lagares rupestres de Galicia. As pedras que facían viño", de SERVINO CONSULTING

05/04/2017 19:30
Portada do libro que se presentará durante o acto de inauguración da exposición de fotografía.

No transcurso do acto presentarase o libro do mesmo título, de Luis & Alejandro Paadín, no que se reproducen as fotografías expostas. A mostra poderá visitarse ata o 23 de abril, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Espectáculo teatral "MOITA MAXIA… E HUMOR GALEGO", polo ilusionista pontevedrés Luis Boyano

18/04/2017 19:30
O ilusionista pontevedrés Luis Boyano.

O mago galego ofrecerá unha actuación dirixida a un público de todas as idades que, nesta ocasión, estará especialmente centrada na parte teatral, con moita comedia, maxia visual e mimo.

Actualidade

Juan Luís Beceiro pronunciou na Casa de Galicia en Madrid a conferencia "A lenda negra do xenocidio americano"

1. De esquerda a dereita, o historiador e escritor Juan Luís Beceiro e o coordinador de Actividades Ramón Jiménez.

A Casa de Galicia, Delegación da Xunta en Madrid acolleu esta tarde a conferencia "A lenda negra do xenocidio americano" que ofreceu o historiador e escritor ferrolán Juan Luís Beceiro García, autor de numerosas obras, especialmente sobre a colonización hispanoamericana, nas que do mesmo xeito que no relatorio de hoxe mantén a tese de que "a conquista do continente americano por parte da Coroa Española non supuxo ningún xenocidio, xa que foi un labor civilizador e non colonizador".

Presentado na Casa de Galicia o libro "Restaurante Verruga: historias y recetas", que rememora o vivido no local lucense

José María Carrascal, Miluca Real, Ana Rodríguez e Luis Latorre, antes da presentación.

Hai pouco máis dun ano, tras case 65 anos de servizo, que o Restaurante Verruga de Lugo pechou as súas portas por xubilación dos seus propietarios e hoxe presentouse na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o libro "Restaurante Verruga: historias y recetas" que rememora o vivido no popular local lucense, polo que pasaron presidentes de goberno, como Adolfo Suárez, e artistas de renome, como o actor Charlton Heston. Unha obra de recordos que contén o receitario do Verruga e foi escrita por Miluca Real Vázquez e Luis Latorre Real, que tamén a editou, e prologada polo xornalista José María Carrascal. Unha parte dos beneficios que xeren as súas vendas destinaranse á Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS).

Presentado na Casa de Galicia en Madrid o libro "Claves Líricas" de Valle-Inclán, edición facsímile do orixinal de 1930

1. De esquerda a dereita, Luís Perezagua, Vicente Araguas coa edición de 1930 e a actual, Ramón Jiménez, Silvio Martínez e Basilio R. Cañada.

A Casa de Galicia, sede da Delegación da Xunta en Madrid acolleu esta tarde a presentación do libro Claves Líricas de Valle-Inclán, unha edición facsímile da realizada polo propio autor en 1930 dos tres únicos libros de poemas que xa publicara, aínda que revisados e coidadosamente seleccionados e editados. Sial-Pigmalión publica agora aquela obra, 77 anos despois de ser confeccionada polo propio Valle-Inclán, autor de "Luces de Bohemia", pai do esperpento, e o dramaturgo galego máis internacional.

O guitarrista Samuel Diz ofreceu na Casa de Galicia un concerto homenaxe a Germán Lago, fundador da Orquesta Ibérica de Madrid

Samuel Diz interpretando unha das obras.

O guitarrista internacional, director artístico e investigador Samuel Diz, natural de Tui (Pontevedra), ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o recital de guitarra "Homenaxe a Germán Lago, fundador e director da Orquesta Ibérica de Madrid, nos 50 anos do seu falecemento". Con el, Diz quixo achegar ao público madrileño a figura deste músico vigués, a través de explicacións e coa interpretación actualizada das partituras que protagonizaron os programas e gravacións da Orquesta Ibérica de Madrid.